
Documentos de referencia
Coordinación da Biblioteca Escolar
Plan de Biblioteca

Instrucións para o desenvolvemento da organización e o funcionamento das bibliotecas escolares no curso 2025/26

Adaptación da CDU para as bibliotecas escolares galegas
Dende a creación da Asesoría de Bibliotecas Escolares púxose a disposición dos responsables das bibliotecas escolares de Galicia unha adaptación da CDU que servise ás necesidades e características destas.
Plan de Lectura e Plan de Biblioteca

Achégase un cadro resumo do Plan de Lectura, Plan Anual de Lectura e Plan de Biblioteca; no que se indica en que documentación do centro deben estar recollidos, que persoas son as responsables da súa elaboración, cal é a finalidade de cada un e que actuacións deben contemplar. Este documento parte das Instrucións de inicio de curso da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
- CADRO RESUMO
- INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DA ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NO CURSO 2024/25
- A PROPÓSITO DO PLAN DE LECTURA E DO PLAN DE BIBLIOTECA (Artigo no nº 86 da revista EDUGA)
Instrucións para o desenvolvemento da organización e o funcionamento das bibliotecas escolares no curso 2024/25

Instrucións para o desenvolvemento da organización e o funcionamento da biblioteca escolar. Curso 2023/2024

- PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO
- INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DA ORGANIZACIÓN E O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR. Curso 2023/24.
Materiais da Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022-2023
|
Están xa dispoñibles en RedeBE para todo o profesorado interesado os materiais da Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022-2023, celebrada en Compostela o pasado 12 de novembro e que reuniu, presencialmente, a preto de 800 persoas, entre participantes, relatores e asesoras de formación do profesorado. |
Plan LIA 2021/2025
Instrucións sobre organización e funcionamento da biblioteca escolar. Curso 2022/2023

Novos artigos sobre bibliotecas escolares na Revista EDUGA de decembro de 2021
![]() |
Falar e escoitar: outras caras da linguaxe Aurora Ramilo Alfaya CEIP P. de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra) |
![]() |
A palabra habita a biblioteca escolar Cristina Novoa Fernández |
![]() |
Juan Manuel Vázquez IES Lama das Quendas (Chantada-Lugo) |
![]() |
Obradoiro na Biblioteca Creativa Paola Guimerans e Diego Rúa |
![]() |
Laura Gómez Gómez CEIP P. Vilar de Barrio (Vilar de Barrio-Ourense) |
![]() |
A biblioteca como motor inclusivo Nuria Garrido, Cruz Rivas e Fátima Rodríguez IES Antón Alonso Rivas (Tomiño-Pontevedra)
|
![]() |
Os instrumentos do Pórtico da Gloria Rafael Sánchez-Agustino e Cristina Campos CEIP A Lama (A Lama-Pontevedra) |
Pegadas dunha viaxe. Traxectorias e futuros das bibliotecas escolares en Galicia

- PEGADAS DUNHA VIAXE. TRAXECTORIAS E FUTUROS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN GALICIA (Versión en galego)
- HUELLAS DE UN VIAJE. TRAYECTORIAS Y FUTUROS DE LAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN GALICIA (Versión en castellano)
Clubs, lectoras e lectores no ensino secundario de Galicia.

- CLUBS, LECTORAS E LECTORES NO ENSINO SECUNDARIO DE GALICIA (introdución, estudo de José A. Millán e informe dos clubs de lectura do curso 2017/2018). [Versión en galego]
- CLUBS, LECTORAS Y LECTORES EN LA ENSEÑANZA SECUNDARIA DE GALICIA (introducción, estudio de José Antonio Millán e informe de los clubs de lectura en el cuso 2017/2018) [Versión en castellano)
Instrucións sobre organización e funcionamento da biblioteca escolar. Curso 2021/2022

A biblioteca escolar ten a palabra

Novos artigos sobre bibliotecas escolares na Revista EDUGA de xuño de 2021
|
Biblioteca escolar no ensino enraízado Cristina Novoa Fernández |
![]() |
Pasado, presente e futuro da nosa experiencia na inclusión de persoas con discapacidade auditiva. Rebeca Ares Iglesias - IES Taboada Chivite (Verín-Ourense) |
![]() |
Mª Dulcenombre Carro Etchepare - CEIP NIcolás del Río (Cedeira-A Coruña) |
![]() |
Covadonga Rodríguez Argüelles - CEP Xosé Mª Brea Segade (Rianxo-A Coruña) |
![]() |
O noso google maps lector en tempos de pandemia José María Lores Pérez - IES San Paio (Tui-Pontevedra) |
Novos artigos sobre bibliotecas escolares na Revista EDUGA de decembro de 2020
![]() |
Xeografías lectoras na biblioteca escolar Asesoría de bibliotecas escolares |
![]() |
As bibliotecas creativas e a diferenciación curricular Diego Rúa Romero - CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña) |
![]() |
Julián Ferrer, Mª Jesús Santamariña e Mª Carmen Suárez IES Francisco Aguiar (Betanzos-A Coruña) |
![]() |
Diego A. López Rodríguez - CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) |
![]() |
Biblioteca creativa: removendo conciencias Miriam Area Rodríguez - CEIP P. da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra) |
![]() |
Xeografías lectoras: atlas de lugares imaxinarios Mª Carmen Rubio Piñeiro - CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense) |
Xeografías lectoras na biblioteca escolar.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa.
Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.
En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do alumnado. Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:
- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo".
- Configurar o itinerario lector como punto de partida da nosa xeografía lectora.
- Debuxar o mapa das nosas curiosidades, exploracións e descubrimentos a través das lecturas. Descubrir as relacións entre identidade e lectura.
- Observar o modo en que cambiou a nosa xeografía lectora durante o período de confinamento (os nosos hábitos, as nosas lecturas...).
- Saber que somos os nosos propios cartógrafos, os que organizamos o noso espazo lector (e o noso "liberespazo", o sistema de lecturas que imos creando ao longo da vida).
- Observar o noso corpo como un mapa de coñecemento, achegarnos á práctica da lectura a través do propio corpo. Descubir a capacidade reparadora da lectura.
- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e literatura, que convidan á aventura (debuxar espazos peritextuais, con mapas e planos que crean expectativas e acompañan na aventura lectora, debuxar mapas que representan mundos coñecidos e mundos imaxinarios, relacionar as nosas lecturas a través de "constelacións literarias", en función da temática, os personaxes...).
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...
Instrucións sobre organización e funcionamento da biblioteca escolar. Curso 2020/2021
O Portal Educativo publica as Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 1 de setembro de 2020, en relación coa organización e funcionamento da biblioteca escolar, destinadas aos centros públicos de niveis non universitarios, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Estas instrucións inclúen unha cláusula específica relativa á situación xerada pola COVID-19, e actuacións que se consideran necesarias na biblioteca escolar, coordinadas e supeditadas ás instrucións xerais das autoridades sanitarias e educativas para os centros no seu conxunto.
A biblioteca escolar, unha oportunidade para o sistema educativo
E que non sexa por dicilo unha vez máis ...
Reflexións de Cristina Novoa no monográfico Notas para a biblioteca escolar do Programa biblioteca escolar "puntedu" do Departament d´Educació da Generalitat de Catalunya.
"A biblioteca escolar é unha oportunidade para un sitema educativo en busca de respostas a necesidades antigas e emerxentes, que demostrou a súa capacidade de resiliencia e a súa contribución á mellora das aprendizaxes e das prácticas pedagóxicas nos centros."
"Para que unha biblioteca escolar poida exercer de axente transformador no centro ten que cumprir unha serie de requisitos:
- Atención ao espazo como facilitador de experiencias.
- Renovación dos equipos de acceso e tratamento da información.
- Actualización constante da colección.
- Biblioteca física e biblioteca virtual.
- É imprescindible un equipo de apoio, interdisciplinar.
- Ha de contar cun orzamento propio.
- Toda a súa actuación ha de estar vinculada á adquisición dos contidos e competencias curriculares.
- A alfabetización informacional e mediática ha de ser un dos seu sprincipais obxectivos."
"Unha biblioteca escolar viva, activada, é un organismo resiliente que é capaz de adaptarse ás situacións máis confusas, repensar e saír adiante. Así o estamos vendo neste ano 2020, en múltiples experiencias de bibliotecas escolares galegas..."
- La biblioteca escolar y el cuento del hombre que tenía mala suerte. Cristina Novoa Fernández.
- BE 21. Apunts per a la biblioteca escolar. Programa biblioteca escolar "puntedu".
Novos artigos sobre bibliotecas escolares na Revista EDUGA de xuño de 2020
![]() |
Bibliotecas escolares abertas, activas e imprescindibles. Cristina Novoa e María Pousa. Asesoría de bibliotecas escolares. |
![]() |
Os camiños da lectura no CEIP Juana de Vega Equipo de biblioteca do CEIP Juana de Vega (Oleiros-A Coruña) |
![]() |
ALFIN en tempos de coronavirus. Mónica P. Múñoz Sobrino. CEIP A.D.R. Castelao (Navia-Vigo) |
![]() |
Reformas nos alicerces de Librolandia. María Elena Cagigao e Ruth Álvarez . CEIP P. Graxal (Cambre-A Coruña) |
![]() |
A inclusión e as bibliotecas creativas. Manuel andrade Vallo. CEE López Navalón (Santiago de Compostela) |
![]() |
María Garrido e María Xosé Fernández. IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia-Ourense) |
![]() |
Deconstruíndo as series televisivas para adolescentes con Mª José Masanet Susana Quintela Díaz. IES María Sarmiento (Viveiro-Lugo) |
![]() |
Se as pedras falasen... falarían con voces de muller. Isidora Gil, Inma Fernández e Belén Sánchez. IES de Celanova (Celanova-Ourense) |
#bescolaresgalAbertas: 4 Retos para a biblioteca Escolar 2020
- Bibliotecas escolares de Galicia
- Bibliotecas escolares de Portugal
- 4 Retos para a biblioteca escolar 2020
- Vídeos centros LÍA.2
- Imaxes para soñar bibliotecas
CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra). Un centro LÍA.2
CEIP de Meaño-As Covas (Meaño-Pontevedra). Un centro LÍA.2
O CEIP de Meaño-As Covas (Meaño, Pontevedra) ten unha biblioteca LÍA.2, froito do traballo de toda a comunidade educativa e do compromiso desde hai tempo co traballo por proxectos, as metodoloxías activas e a innovación educativa desde e coa biblioteca escolar. Integrada no Plan de mellora de bibliotecas escolares no ano 2008, recibiu premios no Concurso de Traballo por Proxectos: Aquí todos pintamos moito (2016); Encende Telecoviña (2017); Construímos con Coviña (2018); Puro teatro (2019) e en 2017 foi incorporada a este proxecto BIBLIOTECAS LÍA.2, que busca a exploración das posibilidades da biblioteca escolar como "centro creativo das aprendizaxes".O traballo colaborativo, as prácticas participativas e innovadoras, a música, o teatro e a formación audiovisual forman parte do ADN desta biblioteca:

























