Convocado o X Concurso de Traballo por Proxectos

 
 
 
O Portal Educativo publica  a Resolucióna da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, do 19 de abril de 2024, pola que se convoca, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe),  o X CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS, vinculados ou apoiados pola biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de  Educación,Ciencia, Formación Profesional e Universidades, para traballos realizados durante o curso 2023/2024.
 
 
 
As modalidades nas que se pode participar son as seguintes: 
 
 
1. Proxectos de carácter interdisciplinario, ou Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar, e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (e un 40% dos departamentos, no caso dos centros de ensinanza secundaria).
 
 
2. Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo/nivel.
 
 
3. Proxectos de investigación dirixidos por profesorado para  grupos internivelaesr ou departamento.
 
 
4. Proxectos de investigación intercentros, promovidos desde as bibliotecas de ata un máximo de tres centros de ensino co fin de desenvolver un proxecto común. 
 
 
  O prazo de presentación dos traballos remata o 15 de xullo de 2024.