HORA DE LER

28/04/2024 15:51
Europe/Andorra

Outra maneira de achegarse á realidade... 

«Cuando vives aquí, te olvidas de que solo porque has dejado de hundirte no significa que no estés ya bajo el agua», lemos no relato de Amy Hempel. 

Esa é a cita que escolleu Ismael Ramos como antesala da súa na primeira obra narrativa: A parte fácil.

A outra suxestión de lectura: unha escolla de poemas de Lixeiro (Xerais, Vigo, 2021).

ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS

26/04/2024 07:02
Europe/Andorra





O próximo luns 29 de abril, ás 19 horas, Ismael Ramos visitará a Biblioteca do IES Francisco Aguiar para conversar sobre A parte fácil / La parte fácil
 

Gañador concurso de esopías

25/04/2024
Etc/GMT+1

Unha esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
Lucas González Díaz, de 2º da ESO B, foi o gañador do concurso deste ano, organizado pola biblioteca escolar. Esta foi a súa obra:

Ahí o allá, o ¿dónde dirigirás mi camino? Andar con deseo. Deseando conseguir anhelos, esperanza. ¿Hay un fin? ¿Superaré todo cuando yo llegue allá?

Parabéns polo traballo e polo premio!

Jobshadowing en Finlandia

25/04/2024
Etc/GMT+1

O Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña ofreceunos a posibilidade de participar, xunto con outros 11 centros de secundaria da provincia, nunha mobilidade a Helsinki (Finlandia). A docente Ana Ruiz, en representación do noso IES, visitou tres centros educativos. Foi unha intensa e moi enriquecedora visita de tres días na que puidemos intercambiar experiencias co profesorado finlandés, observar distintas clases e falar tamén co alumnado.

 

Publicación listaxe definitiva admitidos curso 2024/2025

25/04/2024
Etc/GMT+1

Xa se pode consultar no centro a listaxe de alumnado admitido para o curso 2024/2025.

Charla sobre os perigos do alcohol e do tabaco

22/04/2024
Etc/GMT+1

Lucía Fernández, enfermeira exalumna do instituto, xunto con Javier Viaño, compañeiro de profesión, viñeron hoxe ao centro a impartir unhas charlas sobre os perigos do alcohol e do tabaco para o alumnado de 1º da ESO.

Campionato Provincial de Campo a Través

12/04/2024
Etc/GMT+1

Vintesete alumn@s de 2º e 3º da ESO participaron no Campionato Provincial de Campo a Través en Porto do Son. E ademais de vivir unha xornada deportiva e de coñecer alumnado doutros centros, o equipo feminino trouxo consigo un trofeo polo seu 3º posto! Parabéns!

Campionato Provincial de Orientación

24/04/2024 15:28
Etc/GMT+1

Nove alumnos e alumnas do noso IES participaron hoxe no Campionato Provincial de Orientación. Para algunhas delas, foi a primeira experiencia deste tipo e están desexando aprender máis sobre esta práctica deportiva.

Obradoiros de costura

16/04/2024
Etc/GMT+1

O equipo de mediación organizou dous obradoiros de costura, aproveitando a dotación de Polos Creativos, os días 16, 23 e 30 de abril.

VII Ludi Compostellani

18/04/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de Cultura Clásica participa de novo no Ludi Compostellani, dirixindo un obradoiro de mosaicos e gozando doutros organizados por outros centros.

Distribuir contido