Bioloxía e Xeoloxía
Saída didáctica de xeoloxía e bioloxía ao Cabo Ortegal
Logo de varios aprazamentos debidos ás adversas condicións meteorolóxicas dos últimos días, o venres 1 de abril levarase a cabo a saída didáctica programada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía para coñecer o entorno xeolóxico e biolóxico do Cabo Ortegal. Nela participan os alumnos e alumnas de bioloxía dos grupos A, B e C de 1º de Bacharelato.
Cabo Ortegal saída didáctica: ADIADA ata o día 31 de marzo !
O departamento de Ciencias Naturais organiza unha actividade co alumnado de Bioloxía de 1º BAC. A saída didáctica terá como destino a zona do Cabo Ortegal onde, acompañados por un guía, percorrerán e estudarán estas paisaxes.
Estaba previsto que a saída tivese lugar xusto á volta das vacacións de Semana Santa, concretamente o martes 29 pero por razóns aconselladas pola previsións meteorolóxicas extremadamente adversas para dito día, entendeuse conveniente adiar a actividade ata o vindeiro XOVES 31 do presente mes de marzo.
En principio, participarán nela todos os alumnos e alumnas de BAC 1º A e B e os seis alumnos de bioloxía de BAC 1º C, acompañados pola súa profesora Chus Santamariña e polo profesor do Departamento Marcos J. Beltrán.
Anatomía Aplicada...¡ e tanto !
Aquela mañá do 3 de novembro ela foi quen de chamar a atención de todo o mundo. A profesora do pelo rizo e pasos máis que lixeiros percorreu os andeis do instituto portando unha neveira das que se usan para ir á praia no verán. Ben certo que o atuendo, unha bata branca de laboratorio, non suxería tal uso.
Non é, por tanto, extrano que Chus Santamariña tivese que respostar máis dunha vez á pregunta polo contido da citada neveira.
Non eran, non, bebidas refrescantes ou xeados para aliviar o veraniño de San Martiño; nin tampouco unha provisión de marisco en oferta (¡máis quixesemos!) ...tratábase do material para a práctica que faría esa mañá co alumnado de Anatomia Aplicada de 1º BAC: a articulación dunha das extremidades dunha vaca...rótulas, meniscos e todas esas cousas !
O laboratorio de Ciencias Naturais foi testigo esa mañá dunha disección máis que profesional e dunha atención inusitada por parte do alumnado.
Como semella suxerirnos Nerea co mellor dos seus sorrisos: ¡ anímaste, foi divertido!
NOTA:
A profesora Chus Santamariña quere deixar aquí constancia do seu grande agradecemento ao personal de carnicería do Eroski. Elas prepararon a peza coa que logo se traballou no laboratorio, tarefa ista que, tendo en conta as dimensións "do bicho", foi ben custosa. Porén, o resultado didáctico foi máis que satisfactorio.
Rota pola Costa Dexo Serantes
O Departamento de Ciencias Naturais do IES Francisco Aguiar organiza este venres, 16 de outubro, unha saída co alumnado de 4º de Diversificación Curricular. Trátase dun percorrido biolóxico e xeolóxico pola Costa de Dexo-Serantes, unha desas maravillas que cecais por ter tan perto non valoramos... ou mesmo nin coñecemos.
Dirixirá a visita o seu profesor de Ciencias Naturais, Miguel Orosa e a profesora de Música, Blanca Bello.
Charla e mini-curso de primeiros auxilios. Martes 19.V.
Por iniciativa do Departamento de Bioloxia, chega ao noso salón de Actos a Cruz Vermella. Nas dúas horas da tarde do martes 19 de maio dirixiranse a todo o alumnado e 1º BAC para dar unha pequena charla con demostración práctica sobre nocións básicas de primeiros auxilios.
Aproveitamos para recoñecer o gran labor da Cruz Vermella en Betanzos na que colaboran como voluntarios e voluntarias bastantes alumnos do Aguiar. E recordamos algunhas diversitad inciativas como os seus vídeos motivadores.
Extracción caseira de ADN
Os alumnos/as da materia de ciencias para o Mundo Contemporáneo de 1º BAC ensínan como extraer o ADN dun xeito caseiro. Esta demostración formou parte da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.
Noraboa a alumnado e profesorado por tan bo traballo
30 de xaneiro. Charla sobre Alimentos transxénicos.
O 30 de xaneiro o alumnado de 1º de Bacharelato tivo a ocasión de participar nunha interesante conferencia sobre os Alimentos Transxénicos. A iniciativa, promovida por varios Departamentos da área de ciencias, intégrase no programa A Ponte da Universidade Santiago de Compostela polo que se quere achegar aos centros de Ensino Medio, dun xeito divulgativo, o traballo da universidade.
Nesta ocasión visitáronnos dous profesores de Física Aplicada: Dn. José Antonio Rodríguez Añón que desenvolve o seu labor docente no campus de Santiago de Compostela e Dn. Jorge Proupín Castiñeira que ensina na facultade de Ciencia da Universidade de Lugo.
O interese e a curiosidade espertada entre os nosos alumnos ficou patente á vista das preguntas que ao remate do acto se lles fixeron aos profesores participantes.
Estamos de noraboa...por Verónica Caínzos Díaz
O dito... estamos de noraboa no Francisco Aguiar. Ao final da semana pasada recibimos unha amable invitación da Universidade de Vigo para asistir ao acto de entrega das distincións que a dita Universidade concede ás persoas que acadaron os Premios Extraordinarios de Fin de Carreira e Grao. Dito acto terá lugar o vindeiro día 29 de Xaneiro na facultade de Económicas da citada Universidade.
¿Que tiñamos que ver nos con isto....? Pois a razón era que unha ex do Aguiar, Verónica Caínzos Díaz, estudante de Ciencias del Mar ( non, non eran Ciencias do Bar) recibía unha distas distincións. No presente curso, Verónica estuda Oceanografía no National Oceanography Centre en Southampton.
Para os que tivemos a sorte de tela como alumna ou compañeira e para Instituto enteiro é un orgullo e un pracer dar noticia deste galardón do que nos sentimos parte, pequeniña, pero parte.
NORABOA, VERO
Segunda sesión da Charla sobre Transplantes
Hoxe, 13 de xaneiro, no Salón de Actos e na última hora da tarde, o alumnado de 1º de Bacharelato dos grupos B e C terá a oportunidade de asistir a unha charla sobre Transplantes. O alumnado dos outros dous grupos xa tivo a oportunidade de participar nunha charla coma esta o pasado 18 de decembro con grande aceptación de poñentes e asistentes.
Desta volta a charla será impartida por un antigo alumno do Aguiar, Alejandro Montero, que traballa na Unidade de Transplantes do CHUAC
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »