Estamos de noraboa...por Verónica Caínzos Díaz

 

O dito... estamos de noraboa no Francisco Aguiar. Ao final da semana pasada recibimos unha amable invitación da Universidade de Vigo para asistir ao acto de entrega das distincións que a dita Universidade concede ás persoas que acadaron os Premios Extraordinarios de Fin de Carreira e Grao. Dito acto terá lugar o vindeiro día 29 de Xaneiro na facultade de Económicas da citada Universidade.

¿Que tiñamos que ver nos con isto....? Pois a razón era que unha ex do Aguiar, Verónica Caínzos Díaz, estudante de Ciencias del Mar ( non, non eran Ciencias do Bar) recibía unha distas distincións. No presente curso, Verónica estuda Oceanografía no  National Oceanography Centre en Southampton. 

 

Para os que tivemos a sorte de tela como alumna ou compañeira e para Instituto enteiro  é un orgullo e un pracer dar noticia deste galardón do que nos sentimos parte, pequeniña, pero parte.

NORABOA, VERO