30 de xaneiro. Charla sobre Alimentos transxénicos.

O 30 de xaneiro o alumnado de 1º de Bacharelato tivo a ocasión de participar nunha interesante conferencia sobre os Alimentos Transxénicos. A iniciativa, promovida por varios Departamentos da área de ciencias, intégrase no programa A Ponte da Universidade Santiago de Compostela polo que se quere achegar aos centros de Ensino Medio, dun xeito divulgativo, o traballo da universidade.

Nesta ocasión visitáronnos dous profesores de Física Aplicada: Dn. José Antonio Rodríguez Añón que desenvolve o seu labor docente no campus de Santiago de Compostela e Dn. Jorge Proupín Castiñeira que ensina na facultade de Ciencia da Universidade de Lugo.

O interese e a curiosidade espertada entre os nosos alumnos ficou patente á vista das preguntas que ao remate do acto se lles fixeron aos profesores participantes.