Rota pola Costa Dexo Serantes

 

     O Departamento de Ciencias Naturais  do IES Francisco Aguiar organiza  este venres, 16 de outubro, unha saída co alumnado de 4º de Diversificación Curricular. Trátase dun percorrido biolóxico e xeolóxico pola Costa de Dexo-Serantes, unha desas maravillas que cecais por ter tan perto non valoramos... ou mesmo nin coñecemos. 

Dirixirá a visita o seu profesor de Ciencias Naturais, Miguel Orosa e a profesora de Música, Blanca Bello.