Anatomía Aplicada...¡ e tanto !
Aquela mañá do 3 de novembro ela foi quen de chamar a atención de todo o mundo. A profesora do pelo rizo e pasos máis que lixeiros percorreu os andeis do instituto portando unha neveira das que se usan para ir á praia no verán. Ben certo que o atuendo, unha bata branca de laboratorio, non suxería tal uso.
Non é, por tanto, extrano que Chus Santamariña tivese que respostar máis dunha vez á pregunta polo contido da citada neveira.
Non eran, non, bebidas refrescantes ou xeados para aliviar o veraniño de San Martiño; nin tampouco unha provisión de marisco en oferta (¡máis quixesemos!) ...tratábase do material para a práctica que faría esa mañá co alumnado de Anatomia Aplicada de 1º BAC: a articulación dunha das extremidades dunha vaca...rótulas, meniscos e todas esas cousas !
O laboratorio de Ciencias Naturais foi testigo esa mañá dunha disección máis que profesional e dunha atención inusitada por parte do alumnado.
Como semella suxerirnos Nerea co mellor dos seus sorrisos: ¡ anímaste, foi divertido!
NOTA:
A profesora Chus Santamariña quere deixar aquí constancia do seu grande agradecemento ao personal de carnicería do Eroski. Elas prepararon a peza coa que logo se traballou no laboratorio, tarefa ista que, tendo en conta as dimensións "do bicho", foi ben custosa. Porén, o resultado didáctico foi máis que satisfactorio.