Bioloxía e Xeoloxía

Laboratorio aberto na Domus de a Coruña

enlace á oferta de laboratorios científicos abertos da DOMUS

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do noso Instituto, neste caso baixo a coordenación da profesora  Chus Santamariña, participarán nos laboratorios abertos que ofrece a DOMUS de A Coruña a escolares. 

A primeira visita, o mércores 14 de marzo,  terá como protagonista ao alumnado de BAC 1º A. 

Celebrando, anticipado o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A nosa humilde ( non por ilo menos entusiasta) participación no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, consitíu  por parte de futuras científicas, na presentación ao resto dos seus compañeiros e compañeiras de pequenos experimentos científicos. 

Convivindo con música e máscaras de antroido,  a experiencia tivo lugar na Biblioteca durante os recreos do día 9 de febreiro e acompañouse cunha pequena exposición de publicacións alusivas ao tema da muller e a ciencia. Estiveron animadas e coordinadas pola nosa compañeira Chus Santamariña.

Premios de fin trimestre

Co remate de trimestre, e no festival que se celebrará no Salón de Actos do noso instituto o xoves 21 de decembro, entréganse tamén varios premios.

É a pequena recompensa polo traballo creativo ou investigador realiazo polo alumnado no primeiro trimestre.

 

Xa demos conta dos premios relativos aos "haikus contra a violencia de xénero"(enlace) e a Carta a un maltratador(enlace). Hoxe recibirán o merecido galardón

Tamén terán a súa recompensa no citado festival

  • Nerea Viqueira Pena. Como gañadora do concurso de Ciencia na biblioteca do mes de novembro recibirá como premio unha película de tema científico.

 

  • Asemade farase entrega dos premios aos Christmas Cards gañadores:
    • 1º premio para Tomás Mahía Vázquez ("from Betanzos to the world... merry Christmas")
    • 2º premio para Alba Roca  Maceira ( flores de papel de nadal)
    • 3º Premio para Etienne Sánchez Porta ( co seu reno cantor)

Memoria da VI Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Por fin, a MEMORIA  da VI Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Xoves da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Continúa a avalancha de actividades da ciencia e tecnoloxía.

Segue a traballar no corridor de entrada a impresora en 3 D

Seguemos a calcular as aúreas proporcións do noso alumnado

...

incorpórase unha actividade útil e interesante...nocións básicas sobre SOPORTE VITAL

Martes da VIª Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Continúa a tolemia científico-tecnolóxica no Aguiar cun programa que abarca dende o clima ata a impresión en 3D,  pasando por campos magnéticos e os coches segueliñas ou pola reflexión sobre o consumo de azucre....e hoxe, moi especialmente, un interese especial no asunto do turismo,  posto que este ano 2017 foi declarado pola ONU Ano Internacional do Turismo Sostible 

Novembro mes da ciencia en galego nas Bibliotecas

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de manifesto, do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela, coñecido investigador e divulgador científico. 

Dende a biblioteca queremos participar na celebración deste mes da ciencia en galego con varias actividades organizadas polo alumnado de Cultura Científica de 4º ESO que  propoñemos a continuación: 

 

1- A PREGUNTA CIENTIFÍCA DO DIA 

  • Cada día da semana do 21 ao 25 de novembro, colocaremos no taboleiro de anuncios da biblioteca e no taboleiro do edificio da ESO ( que está ao lado de dirección) unha pregunta relacionada coas figuras que se homenaxean neste ano 2016 nas seguintes datas: 8 de outubro, DÍA DA CIENCIA EN GALICIA (promovido pola Real Academia das Ciencias de Galicia), o químico Ignacio Ribas e o 4 de novembro DÍA DA CIENCIA EN GALEGO (promovido polo profesorado de Galicia), o biólogo Cruz Gallástegui. 
  • No prazo de 24h deberás introducir a resposta nunha caixa situada a tal efecto na entrada da biblioteca, especificando o teu nome e o teu curso. 
  • Ao final da semana faremos o reconto para decidir quen foi a persoa con mais respostas acertadas. En caso de empate haberá unha fase de desempate o martes 29 no 2o recreo na biblioteca. 
  • A persoa gañadora recibirá un premio relacionado coa ciencia.

 

2.  SECCION DE HUMOR CIENTIFICO : 

No taboleiro “cientifico” da entrada da Biblioteca habilitaremos unha seccion adicada ao humor na sua versión científica. 

Convidamoste a colaborar cun chiste, viñeta,... que pegarás en dito taboleiro. 

 

 

3- CHARLAS DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA 

 

O alumnado de Cultura Científica de 4º da ESO dirixiránse aos seus compañeiros cunha charla que leva por título “Imos comprar mentiras”, que abordará o tema da pseudociencia na publicidade. 

 

Enquisa sobre sexualidade no Aguiar

Froito do traballo de Emilio Duque e Chus Santamariña coordinando ao alumnado de 3º da ESO realizouse unha enquisa sobre sexualidade entre o alumnado do noso IES. Os resultados no arquivo adxunto (enlace)

 

Saída didáctica ás Illas Cíes ou "cando os do Aguiar foron ao Paradiso" 21.VI.2016

De auténtica invasión podería cualificarse o que ocorrerá o martes 21 de xuño nas Illlas Cíes. Porque perto de 90 (!) dos nosos alumnos e alumnas  de 4º da ESO e 1º BAC visitarán este recuncho marabilloso e precioso da nosa xeografía e patrimonio natural.

Acompañados por cinco profesores e dirixidos por un guía terán a oportunidade de coñecer un medio natural realmente único enmarcado no Parque Natural das Illas Atlánticas: xeoloxía, modelados, fauna e flora para sorprender e admirar. E non menos sorprenderá o achegamento ás illas en barco e o como remate do labor, o baño nunha das praias máis fermosas ( e de auga máis fría) do mundo a de Rodas.

Unha forma ben instrutiva e fermosa de culminar un duro curso!

 

Obradoiro de Soporte Vital Básico

Dentro da V Semana da Ciencia e da Tecnoloxía, e continuando unha iniciativa que o ano pasado puxo en marcha a profesora Mª Jesús Santamariña, presentamos un Obradoiro de Soporte Vital Básico.

Esta actividade terá lugar entre as 16.15 e as 18 horas do martes 12 de abril no Salón de Actos do IES Francisco Aguiar.

Trátase dunha inciativa que presenta cando menos tres peculiaridades de interese:

  • Como o seu nome indica, estará orientado a proporcionar aos asistentes unha formación esencialmente práctica.
  • Vai dirixido á comunidade escolar no seu conxunto e nomeadamente a pais, nais e profesorado.
  • Os instrutores do cursiño serán alumnos de 1º BAC do noso instituto.

CONVIDAMOS A FAMILIAS E PROFESORADO A PARTICIPAR NO OBRADOIRO

Distribuir contido