Chegou aos nosos oídos

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Xosé Luis Mosquera Camba e José Mª Ferreira Veiga publican unha semblanza sobre José Gracía Verdía

 
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...
 
Tanto La Voz de Galicia como o periódico de ACEBE recolleron a noticia da presentación de José García Verdía: o cura de Guísamo, libro no que os autores José María Veiga Ferreira e o noso compañeiro Xosé Luis Mosquera Camba, destacan a figura deste crego que trascendeu a súa laboura pastoral deixando unha forte pegada en todos os seus parroquianos e conveciños.

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Xesús Fraga gaña o Premio Blanco Amor

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS

O xornalista de La Voz e escritor (exAguiar) Xesús Fraga gaña o premio Blanco Amor

   Unha obra presentada ao Blanco Amor de novela co lema A miña familia e outros emigrantes foi a elixida polo xurado encargado de conceder o galardón como o mellor dos 23 traballos presentados á trixésima octava edición do premio, un dos máis importantes do panorama literario galego. O autor de Virtudes (e misterios), o título do orixinal a concurso, é o escritor e xornalista Xesús Fraga (Londres, 1971).
   A novela, segundo se recolle na acta, recrea «as vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas, marcada pola emigración a América e a Europa. Trátase dunha historia asentada na realidade da segunda metade do século XX, ben vertebrada e contada a través dun variado mosaico de lembranzas, sensacións, testemuñas, fotografías e o diario dunha nai». Con Londres como epicentro narrativo, e Venezuela como contrapunto, o xurado salientou á hora de dar a coñecer a súa decisión «a relación interxeracional permanente entre o neto e a avoa, unha figura forte que representa a épica das mulleres galegas nun tempo de extremas limitacións». O tratamento da linguaxe e a variedade de rexistros fai que sexa «unha novela para todo tipo de lectores».
   O escritor e xornalista da sección de Cultura de La Voz de Galicia recoñecía que Virtudes (e misterios) «é un libro ao que lle andei dando moitas voltas porque é a historia dos meus avós, que é como moitas das acontecidas nas familias galegas pola importancia que tivo a emigración». O avó de Xesús Fraga era zapateiro e un día decidiu emigrar a Venezuela, deixando muller e tres fillas cativas. Pasou o tempo e a muller reclamouno, mais el non volveu e tampouco quixo que alá fose ela. Como non había posibilidade de ir a América, a avoa de Xesús Fraga decide emigrar a Londres para sacar a familia adiante. E leva consigo a unha das súas fillas, a nai do escritor. E foi así como o autor da historia dos seus avós rematou nacendo en Londres e, co paso dos anos, pechando o ciclo coa volta a Galicia.
   E, como os seus devanceiros, o neno rematou por ser un emigrante nunha terra que non coñecía e na que se falaba un idioma que non era o seu, aínda que rematou por selo e do dominio do mesmo dan conta os premios conseguidos nestes anos, aos que agora se suma o Blanco Amor. «A miña intención era facer unha historia da emigración, pero non como as que xa coñecemos. Quería contar a emigración dende a parte dos retornados, dos que regresan e xa non son a mesma persoa e se atopan cunha realidade que xa non coñecen». O Blanco Amor de novela, que organiza a Deputación de Ourense, está dotado con 15.000 euros e o acto de entrega celebrarase o día 30 no Liceo da cidade. 

 

Xosé Manoel Rodríguez, La Voz de Galicia, 23 de novembro de 2019.

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Raquel Vara e Pedro Herinque Mantiñan recibidos polo Concello tras os seus éxitos deportivos

Chegou aos nosos oídos que o 18 de outubro o Concello de Betanzos recibiu á nosa ex alumna Raquel Vara Pernas, campioa galega de pádel sub 23 e campioa de España de pádel de clube, e  Pedro Henrique Mantiñán, campión de europa de patinaxe 3000 m relevos xuvenil. 
Parabéns aos deportistas!!!!

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: RAQUEL VÁZQUEZ GAÑOU O PREMIO LOEWE DE POESÍA

 

La poeta almeriense Aurora Luque, XXXII Premio de Poesía Loewe. Raquel Vázquez obtiene el reconocimiento a la Creación joven 2019 
Es la primera vez que ambos galardones en el mismo año encumbran a una autora


Este é o titular do xornal El País: parabéns a nosa ex Raquel por ter recibido un dos premios literarios máis importantes aos que pode optar unha poeta da súa idade.

 

También ha sido galardonada este martes, con el Premio de Poesía Loewe a la Creación Joven, la poeta lucense Raquel Vázquez por su obra Aunque los mapas. Un galardón dotado con 8.000 euros y que será editado también por Visor. Gioconda Belli ha destacado de la poeta de 29 años “una voz madura para su edad y un aliento poético capaz de crear desde la intimidad un mundo poblado de imágenes que deslumbran por su originalidad y su hondura, un mundo donde se habla de encuentros y pérdidas sin sentimentalismos pero donde la emoción se transmite inequívoca y conmovedora, enhebrando las palabras como un lienzo que nos envuelve”. La poeta nicaragüense ha destacado también que la poesía de Vázquez “se desafía a sí misma por ser accesible y depurada a la vez”, y que “el jurado remarcó la habilidad de la poeta para finalizar sus poemas con imágenes o conclusiones rotundas y maravillosas como una bailarina que sabe exactamente el movimiento para que su imagen quede vibrando en la memoria cuando termina la música. Es una alegría comprobar que hay en la juventud española el hálito de la tradición de la gran poesía de este país, que ha vibrado por siglos”.

Raquel Vázquez (Lugo, 1990) es licenciada en Filología Hispánica y graduada en Ingeniería Informática. Ha publicado los poemarios Lenguaje ensamblador (Renacimiento, 2019), El hilo del invierno (Hiperión, 2016; Premio València Nova de la Institució Alfons el Magnànim), Si el neón no basta (La Isla de Siltolá, 2015), Lied de lluvia para una piel ausente (Alhulia, 2014; Premio de Poesía Granajoven), Luna turbia (Torremozas, 2013; Premio de Poesía Joven Gloria Fuertes), Pinacoteca de los sueños rotos (Islavaria, 2012) y Por el envés del tiempo (Cardeñoso, 2011; Premio Poeta Juan Calderón Matador). Fue residente de la Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores durante el curso 2014/15, donde trabajó en Chomolangma, novela editada por La Isla de Siltolá en 2017. En el ámbito de la narrativa, también ha publicado dos libros de cuentos, La ocarina del tiempo (Trifolium, 2016) y Paralelo 36 (Talentura, 2019).

En esta edición del Premio Loewe se han presentado 1.045 participantes de 37 países, lo que supone un incremento del 20% respecto a la convocatoria anterior. Un 23% procede de Hispanoamérica, siendo México, Argentina y Estados Unidos los países con mayor índice de participación. En España. las provincias con mayor número de obras presentadas son Madrid, Barcelona, Valencia y Granada. Un 15% son menores de 30 años y 34 obras han quedado finalistas. La entrega de los premios y la presentación de los libros ganadores tendrá lugar en marzo de 2020.

 

https://elcultural.com/aurora-luque-gana-el-premio-de-poesia-loewe

Proxecto Pesquedellas vindeiros plans dun grupo de ex- Aguiar. De Folclore, audiovisuais e Foliadas.

proxecto Pesquedellas

 

 

 

Chegou aos nosos oídos a iniciativa dun feixe de ex-Aguiar, namorados do folclore e as tradicións da nosa terra, que botan a andar o Proxecto Pesquedellas.

 

Nun recente artigo en prensa, coñecemos algúns dos seus plans máis inmediatos para dar a coñecer ao público, esta a súa idea.

 

  • Presentación dun documental o 5 de outubro, as 20.00 horas, na libraría Biblos.
  • Acto seguido, coma mandan as tradicións, Foliada no café Lanzós.

 

Moita sorte a todos, no lanzamento deste necesario proxecto.

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Raquel Vázquez presenta o seu último libro de poemas

 
 
 
CHEGOU AO NOSO OÍDOS...
 
Raquel Vázquez presenta o seu último libro de poemas, Lenguaje ensamblador [Renacimiento, Sevilla, 2019] na Libraría Berbiriana.



TREGUA

Ningún amanecer
podría reducirse nunca a mera rutina.

Hay algo de milagro
en esa luz rugosa
que nos rehace en relieve mañana tras mañana.

Hay algo de milagro
si llega un día más el armisticio.

 

 

 

Exposición 'O debuxo na ciencia' de Sarela Lorenzo Robledo

 

Sarela Lorenzo Robledo

Chegou aos nosos oídos que , a ex-Aguiar,  Sarela Lorenzo Robledo, expón os seus debuxos na libraría Biblos de Betanzos.

Sarela rematou o grao en Bioloxía, combina perfectamente nesta exposición o saber científico co seu talento na ilustración e o debuxo. 

No Aguiar estamos sempre encantados de ter noticias dos seus traballos e éxitos. Lembramos con agarimo o seu paso polo centro.

Altamente recomendables todas as contas en rrss nas que comparte os seus traballos. Nesta ocasión enlazámos a súa nova conta de ilustración científica en Instagram @sarela_lorenzo_ic

 

Premios de excelencia académica do alumnado de grao universitario curso 2018/2019

 

 

 

Onte, mércores 4 de setembro, publicouse a relación dos premios de excelencia académica do alumnado de grao universitario.
Parabéns a todos polo mérito e o esforzo!

Parabéns en particular aos ex Aguiar: a enfermeira Elena Fernández Cagiao e os historiadores Antonio González López e Daniel Lucas Teijeiro Mosquera.

excelencia

Daniel Lucas Teijeiro premio de excelencia académica no curso 2017/18 nas universidades do Sistema universitario de Galicia

daniel lucas teijeiro

Chegou aos nosos oídos que o ex-Aguiar e integrante do equipo da revista Casa dos Espellos, vén de acadar un dos premios á excelencia académica no curso 2017/2018 nos seus estudos universitarios de grao en Historia da Arte.

Parabéns a Daniel por todo o seu traballo, tanto académico coma nas revistas e asociacións culturais nas que participa na procura da posta en valor do Parque do Pasatempo.

Distribuir contido