Inglés

Charlas sobre cultura inglesa

Grazas á colaboración dunha coñecida empresa de libros de texto  e coa xestión dos profesores do Departamento de lingua Inglesa, o vindeiro mércores 8 de febreiro terá lugar no Salón de Actos do instituto unha serie de tres charlas sobre cultura inglesa.

Ocasión inmellorable para que os nosos alumnos de 3º e 4º poidan prácticar a lingua e coñecer dun xeito divertido curiosidades dista cultura. 


ESO3º A,B,C................................ 1ªh

ESO 4ºC, D(16 alumnos)3º D........  2ªh

ESO4ºA,B, D (9 alumnos).............. 3ª h



Celebrando o Nobel de Literatura dende a Biblioteca Sebastián Buedo

PAUL ROGERS, Joven para siempreBlume, Barcelona, 2009, 32 páxinas.

[AI ROD jov]


Nesta ocasión a Academia premiou a lírica. Un bo modo de comezar a ler (e a escoitar) a Dylan. 
 

 JOVEN PARA SIEMPRE


Que Dios te bendiga y te guarde siempre.
Que todos tus deseos se hagan realidad.
Que hagas siempre para los demás
y permitas a los demás hacer por ti.
Que puedas construir una escalera hasta las estrellas
y subirte a cada escalón.
Que sigas joven para siempre,
joven para siempre, joven para siempre,
que sigas joven para siempre.

Que crezcas para ser bueno.
que crezcas para ser de verdad,
que siempre sepas la verdad
y veas las luces a tu alrededor.
Que tengas siempre coraje.
Mantente firme y sé fuerte.
Que sigas joven para siempre,
joven para siempre, joven para siempre,
que sigas joven para siempre.

Que tengas siempre las manos ocupadas,
que tengas los pies siempre en marcha.
Que tengas unos pilares fuertes
cuando soplen los vientos del cambio.
Que tengas siempre el corazón lleno de alegría
que tu canción se cante siempre.
Que sigas joven para siempre,
joven para siempre, joven para siempre,
que sigas joven para siempre.

 

Entrada pirateada dende o blog da nosa biblioteca: "Alto Risco"

Remate da experiencia londinense do alumnado de 4º

Cargarse de enerxías coa última comida "british"

 

Espectacular visita ao British Museum

 

 E XA DE VOLTA PARA CASIÑA.

Esta noite todos os nosos viaxeiros reconciliaranse coa súa nacionalidade de orixe

en canto volvan probar as tortilliñas de patacas das respectivas nais.

E mañá, cos corpos molidos pero deseXando contar moitas cousas,

terémolos no Instituto para clausurar trimestre....

e probar SOBREMESAS FRANCESAS

Xornada de fotos típicas e museos en Londres

Poucas imaxes, das que habitualmente ilustran as viaxes a Londres, son tan repetidas como as que agora presentamos: o grupo perfectamente en posición de pose co London Bridge ás súas costas. Se repasades as diversas viaxes que dende hai moitos anos fai o noso instituto, veredes que cada ano esta unha imaxe repetida.

A outra constante en materia de imaxes é a que aportan as fotografías en escalinatas ( a medio camiño entre o necesario descanso e a foto tópica): Saint Paul, National Gallery, British, Victoria&Albert.

 De feito o noso grupo de expedicionarios destacados en Londres abordan entre o mércores e o xoves un ambicioso programa de visitas a museos: British Museum, Museo das Ciencias e da Historia....

 

Un día máis en Londres. Luns 14 de marzo

O luns14 de xaneiro foi como todos estes días  un equilibrado compendio de cultura e convivencia entre nós.

Primeiro puidemos disfrutar dun longo paseo polas beiras do Támesis que nos  levou a "The Globe",  o teatro de Shakespeare,  onde puidemos visitar o seu museo e asistir a unha representación inesquecible.

 

Complétase o día coa espectacular vista de Londres dende a xigantesca noria do London Eye

Desde Londres. Viaxe cultural de 4º da ESO

Chegar a Londres e atopar nun dos lugares máis visitados polos turistas, en Trafalgar Square, que se está a celebrar unha mega festa polo día de San Patricio.

Por unha vez, e agardamos que sirva de precedente, disfrutamos dun día radiante. Bastante frío pero nen rastro de nubes ou choiva. Que falando de Londres non é pouca cousa!

E non podía faltar en Londres unha de medios de transporte... experimentar o famoso Tube ( o metro) e, cando menos, fotografarse á beira dun dos taxis da cidade como fan Chus e Mª José.

Viaxe cultural. Londres 12 a 17 de marzo. 2016

 

Dende os seis inicios no nosos Instituto, a sección bilingüe adoita rematar o ciclo da ESO cunha viaxe a un destino anglófono, habitualmente á cidade de Londres. Nalgunhas ocasións, e iste ano é unha delas, súmanse á saída outros compañeiros e compañeiras de 4º da ESO. 

En suma 40 alumnos e alumnas  de 4º da ESO acompañados polos profesores da sección bilingüe Mª José Pereira e José Antonio Varela (Cheché) e mais pola profesora de inglés,  Chus Suárez visitarán Londres cun amplo programa cultural entre os días 12 e 17 deste mes de marzo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Crónicas do alumnado. Teatro en inglés do 3 de febreiro

It was very entertaining and interesting because we enjoyed the play and we learnt a lot of vocabulary.

The theatre told us about the importance of  freedom

This play was very exciting because the actors were funny and they sang very well.

Alumnado de ESO 3º A/B

 

The play was really easy to understand, our mates were pretty good

 

Alumnado de ESO 3º C

 

The play was really good. We were frightened. But at the end we enjoyed so much. The story of the play was really entertaining and we had a good time.

Alumnado de ESO3º  D

Alberto Gómez

I think it was a good play. I enjoyed a lot acting on it.

It was funny and easy to understand. I hope they could come again next year!

 

 

 

Lucía Maceiras

I was nervous but I had a really good time. It was a special feeling to make people laugh.  

 

 

 

 

Antón Pardellas

When I was at the stage playing my role, I felt a bit nervous but at the same time.

I was very excited and very happy, because I was playing a role in a play and that was very beautiful, and wonderful.

 

 

 

 

 

Teatro en inglés

Un ano máis o Departamento de Inglés organiza para o seu alumnado a asistencia a unha representación teatral en inglésA actividade terá lugar no Salón de Actos do noso instituto o mércores 3 de febreiro.

A primeira representación congregará ao alumnado de 3º da ESO entre as 10,30 e as 11,45.  

Nunha segunda quenda, entre as 12.00 e as 13.15  serán os alumnos e alumnas de 4º da ESO e BAC 1º B os que poidan disfrutar dista experiencia teatral. 

Massiel Veras. From NY

Temos o gusto de anunciar que recibimos a invitación da que foi lectora de inglés no noso Instituto nos dous últimos anos, Massiel Veras, para facer unha conexión 'videoconferéncica' e transoceánica. Estamos preparando a tecnoloxía do Aguiar para esta ocasión que agardamos se poida materializar nos primeiros días do ano 2016.

Mentres,  recollemos esta  inspiradora mensaxe do facebook de Massiel.

Distribuir contido