Orballando novas

"Chegou o anticiclón" por 5ºA

O alumnado de 5ºA, responsable no informativo do tempo desta semana, explícanos a presenza do anticiclón que estas a desfrutar despois dos últimos días de chuvia. 

Aproveitaron o momento da "Milla diaria" para facer unha entrevista a pé de patio. Prestade moita atención.

Pasaron "Gabriel" e "Helena" cicloxéneses explosivas

O curso de 6ºB foi o encargada de realizar o 8º programa do noso informativo do tempo "Orballando novas", nesta ocasión "Gabriel" chamou a nosa atención; tamén nos interesamos polas baixísimas temperaturas rexistradas en Norte América. Prestade moita atención:

 

 

"Se chove..que chova"

Nesta semana aconteceron moitas novas relacionadas co tempo meteorolóxico: choivas abundantes, refachos de ventos intensos, lúa de sangue, mareas vivas, temporal de neve....Neste capítulo de "orballando novas" o alumnado de 6º A da cumprida información. Tamén realizan unha entrevista a pé de rúa coa seguinte pregunta:

"Nun día de choiva se tes que desprazarte pola rúa como te mollas máis se vas correndo ou camiñando?"

Pensade as vosas respostas antes de ver o seguinte programa!

"Surfeando novas" por 5º B

Esta semana no noso informativo do tempo Orballando novas, o alumnado de 5º B "Surfea novas".

Se Vigo xa ten "sona mundial" debido ao seu alumeado de Nadal, en breve, outra localidade galega pode acadar ese nivel.

A localidade non é outra que Illa Pancha, situada no Concello de Ribadeo e a súa sona será debida a un deporte que está de moda, o surf.

Segundo as prediccións meteorolóxicas para os vindeiros días, pode chegar unha tormenta cunhas características especiais que provoquen que os mellores e as mellores surfistas do planeta compitan nun Campionato Mundial de Surf de olas xigantes, para deslizarse pola ola xigante "Panchorro"...

 

 

Edición especial Orballando novas: "Xmas Weather Forecast"

Despedimos o trimestre cunha edición especial do informativo do tempo "Xmas Weather Forecast", realizado polo alumnado de 6ºB.

Nesta ocasión, deséxannos unhas felices festas desde distintos puntos do planeta en Lingua Inglesa.

Moitas grazas por ensinarnos rincóns tan diferentes!

Despedímonos ata o ano que vén, donde seguiremos informando semana tras semana das novas relacionadas co tempo atmosférico.

 

Dende a redación de "Orballando novas" desexámosvos unhas Felices Festas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet