Skip to Content

Festexamos

DÍA DAS ESCRITORAS 14 DE OUTUBRO

O Día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España onde  búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

 A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”.
Desde  o Frian non quixemos perder a ocasión de visibilizar a obra das escritoras galegas. Por iso ao longo desta semana fixemos exposicións de libros de escritoras galegas e da nosa cidade, escribimos e recitamos fragmentos dos mesmos  e fixemos actividades interniveis entre todo o centro.

Aquí deixámosvos unha pequena mostra dos traballos que realizamos e dalgúns vídeos do recitado de fragmentos e poemas que traballou o noso alumnado para esta celebración.

       

       

 Neste día tan importante, Ledicia Costas, a escritora Viguesa por excelencia, agasallounos cunha das súas últimas obras "Conexión Macarrón" que formará parte da nosa biblioteca como un tesouro para nós.

FELIZ DÍA DAS ESCRITORAS GALEGAS!!!! 

MULLERES CIENTÍFICAS 2º Primaria

O alumnado de 2º P participou nun obradoiro de ciencia impartido pola nai dunha compañeira deste nivel. Agradecemos a súa colaboración, tan importante para visibilizar a presenza das mulleres en todo tipo de profesións.

 

Festival 2018: "Vivindo san no cole Frian"

 

A temática do noso festival foi sobre o noso P.D.I. "Vivindo san no cole Frian"; coma se dun restaurante se tratase os mestres/as de sala (alumnado de 6º) presentáronnos uns deliciosos pratos.

Dispostas e dispostos a compartir este estupendísimo menú no restaurante Frian, con estrela Frianchín!

Para empezar uns entremeses variados de fotografías:

De seguido, primeiros, segundos pratos en formato vídeo:

 

4º de Infantil: "O baile da froita"

                        "No meu xardín"

 

5º de Infantil: "Fame"
 

 

6º de Infantil: "Oleite mola",

Teatro:"A mellor sopa do mundo"

 

1º A: "Emocións saudables"
 

1º B: "Bailando no mar"

 

 

2º A: Canción baile "Macarena saudable"

 

2º B: Canción baile "A Tribo do corazón"

3º A-B: "A illa dos cangrexos violinistas"

 

 

 4º A: "O Rap da vida Sa"
 

 

 4º A-B: "O Rap dos vexetais"

 

4º B: "Mímica coas froitas"
 

5º A-B: "A festa no faiado"
 

 6º A-B: "Canción despedida"
 

 6º A-B: "FriangymII Acrosport"
 

 6º A-B: "Friangym III, Acrosport"
 

6º A: Canción en Inglés "Lunch"

 

6º B Canción en Inglés "Get your body moving"

   

Para rematar unhas boas sobremesas feitas polas familias:

 

Esperamos volvan a probar os nosos esquisitos pratos, elaborados con tanto traballo e cariño!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2018

 HOMENAXEANDO A MARÍA VICTORIA MORENO



  Co gallo da semana das Letras Galegas no colexio imos a realizar unha serie de actividades para coñecer un pouco máis a biografía e a obra da escritora homenaxeada este ano:

  •   Comezamos o luns 14 coa representación,  por parte do alumnado de 5º, dun sketch da obra “ Unha festa no faiado”.

  •    O martes 15  imos ter unha entrevista á escritora homenaxeada a cargo do alumnado de 6º.

  •   O mércores 16 imos desfrutar dun percorrido de poemas nos corredores do cole a cargo do alumnado de infantil, 1º e 2º; dun mural da obra de María Victoria Moreno a cargo de 3º e 4º.

  •   Ademais  esta semana estamos realizando un mural colaborativo entre todo o cole sobre o rostro da autora que estamos traballando.

 

Preme no seguinte genially para descubrir o noso traballo desta semana:

Día Internacional do Libro 2018 en Frian

O luns 23 de abril, commemoramos o Día Internacional do Libro no cole cunha serie de actividades.

 

         Por unha banda, o noso xeito de celebralo foi facendo un Apadriñamento lector  e así converternos en“Padriños/madriñas e afillados/as lectores/as”. O alumnado dos cursos superiores leron ós demais cursos.

        Cada padriño/madriña foi a buscar ó seu afillado/a e levouno ó seu lugar preferido do cole para facer a  lectura do conto escollido.

        Foi unha delicia sentir durante media hora  un murmullo de voces contando historias de medo, de piratas, de animais, de princesas, de froitas e vexetais.

      Todo o cole encheuse dunha maxia especial e en todos os recunchos había rapaces e rapazas  saboreando unha boa aventura lida por un compañeiro ou compañeira de cole.

              Como non podía ser doutro xeito, unha experiencia así,  tiña que ter un agasallo. Houbo intercambio de marcapáxinas, un bico e algún que outro obsequio para os afillados e afilladas.

 

       Por outra banda, fixemos unha recopilación dos nosos libros e contos favoritos. Cada aula elixiu dous títulos e decorou cadansúa banda para pegar nas escaleiras do cole.

        O resultado quedou fenomenal e agora cada vez que subimos as escaleiras estamos a repasar os títulos de contos e libros infantís máis importantes para o alumnado do cole.

 

        Desfrutade da nosa celebración no seguinte genially:

Distribuir contido


by Dr. Radut