Deporte escolar

XORNADA DE PIRAGüISMO CO CLUBE OLÍVICO

     O pasado 15 de xuño, os nenos e nenas de 5º e 6º, gozaron dunha sesión práctica de piragüismo. O anfitrión foi o clube Olívico de piragüismo. Deixamos un vídeo do ben que o pasamos. Se queredes seguir practicando este refrescante deporte podes acercarte a Bouzas e contactar co Clube Olívico, teñen moitos horarios. Ánimo!!

  

 

 

 

XORNADAS BALONMÁN

     Os pasados 16 e 19 de xaneiro, tivemos unhas xornadas de aproximación e coñecemento dun deporte moi popular na nosa provincia: o balonmán. Nesta ocasión os encargados de adentrarnos neste completo deporte, foron Samu e Alba, antigos alumnos do cole. El é adestrador do Clube balonmán Chapela e seleccionador xuvenil galego e ela adestradora do mesmo clube e xogadora en categoría absoluta. Se queredes pasalo ben e facer deporte, non dubidedes achegarvos ao pavillón de Chapela de luns a venres polas tardes. Animádevos!!!

 

 

PATINANDO CON BOMBA HACHE

   A nosa compañeira Sara de lingua inglesa (Bomba Hache), recoñecida patinadora, deleitonos cunhas sesións prácticas de patinaxe. Deixamos unha reportaxe fotográfica das mesmas. Un pracer ter pasado este tempo coa túa presenza.

 

 

5º/6º

 

 

 

 3º/4º

 

 

 

XORNADA BáDMINTON

O pasado día 3 de novembro tivemos a visita de dous referentes no bádminton autonómico, Juan Vila e Brais, do clube "Rachaplumas". Contáronnos algo da historia, técnica e anécdotas deste apaisoante deporte tan de actualidade. Na Etea tendes oportunidade de probalo en diferentes horarios. Animádevos!!!

 

SESIÓNS DE ERGóMETRO-REMO

      Unha representación do clube de remo A Virxe da Guía, trouxéronnos 3 ergómetros de remo para introducirnos no deporte do remo. Foi unha moi boa experiencia. Se alguén quere máis, teñen ao longo do verán diferentes cursiños no seu local, preto da praia da Punta.

 

Powered by Drupal - Design by artinet