Deporte escolar

3ª XORNADA DE DEPORTE NA ESCOLA

Nesta ocasión enfrentámonos ao colexio S. Apostol de Soutomaior. Non acadamos os resultados esperados, aínda que collimos experiencia para o vindeiro ano cos alumnos de 3º. Esta é unha foto do encontro, o resto na galería.

 

2ª XORNADA DE DEPORTE NA ESCOLA

O pasado 16 de febreiro xogamos a segunda xornada de deporte na escola. Competimos co colexio Eijo Garay. Perdimos en baloncesto, balonmán e bádminton (de forma axustada); empatamos en fútbol e gañamos na proba cultural.

Esta é unha das fotos, o resto na galería.

Chegada co Frianciño

1ª XORNADA DE DEPORTE NA ESCOLA

O pasado 18 de decembro competimos na primeira xornada de deporte na escola. O equipo rival foi o Colexio Mercantil e tivemos a sorte de gañar.

Eiquí tedes algunhas fotos do evento:

Na xogada Aida está moi concentrada

 

Powered by Drupal - Design by artinet