Deporte escolar

JUDO

Dentro do programa deporte na escola, no colexio, tivemos unhas sesións prácticas de judo. Veu o maestro nacional de judo Carlos, actual seleccionador sub-23 da comunidade. Con el aprendemos unhas nocións básicas desta arte marcial milenaria. Eiquí deixamos unha presentación de fotos das mesmas.

 


RUGBY

   O pasado venres 11 de febreiro tivemos a visita no centro de dous compoñentes (Mauro e Buba) do equipo de rugby Universidade de Vigo, inmerso na fase de ascenso a primeira división. Disfrutamos dunha sesión práctica deste deporte. Lembrade que podedes subir ao Cuvi cada sábado ás 11 da mañá si queredes adentrarvos no rugby (nenos e nenas de 5 a 12 anos). Animádevos !!!

PRESENTACIÓN DAS FOTOS DE 4º E 5º

 

VÍDEO DOS MELLORES MOMENTOS:

LOITA OLÍMPICA

Dentro do programa XOGADE, o pasado venres día 26 de novembro, tivemos unha sesión os alumn@s de 3º e 4º. O encargado de impartila foi un loitador (Marcos) da federación galega de loita.

 

Si pulsades AQUÍ, podedes ver as fotos da mesma.

 

 

XOGANDO CO ATLETISMO I, AUTONÓMICO

O pasado 26 de abril tivo lugar o campeonato autonómico en Pontevedra. Frián tiña a representación do equipo feminino alevín. A pesar de ser alevíns de primeiro ano todas as compoñentes, conseguiron un meritorio 5º posto. Algúns postos individuais foron os seguintes:

- 2ª e 4ª na carreira 6x10.

- 3ª na xavelina.

Foi unha magoa no relevo liso, cando caeu a segunda relevista (Daiana), indo primeiras.

 

 

XOGANDO CO ATLETISMO AUTONÓMICO 26 04 2010 from josemaillo on Vimeo.

SESIÓN DE BALONKORF NO CENTRO

Esta semana asistimos a unha sesión de balonkorf descubrindo así un deporte colectivo que descoñecíamos e que disfrutamos moito porque xogamos dun xeito rápido e variado un deporte totalmente mixto.


O balonkorf consiste en introducir un balón completamente polo cesto do equipo contrario, valorando cada enceste 1 punto. O equipo que consiga máis puntos ó final do tempo do xogo, consideraráselle o gañador do partido.
Como resume do xogo imos detallar algunas características importantes:


1.É un deporte mixto.
2.Existe unha completa rotación de cambio de roles (ataque e defensa)
3.As regras están pensadas para favorecer a colaboración entre os compoñentes do equipo.
4.As diferencias da nosa condición física quedan disminuidas.
5.A participación de los diferentes sexos realizase en igualdade de condicións.
6.Para acadar o éxito nas xogadas é necesario apoiarse nos compañeiros.
7.Non requiere equipamentos especiais nin custosos
8.A agresividade está moi controlada neste deporte.
9.Non correr ou andar co balón pero si "pivotar"
10.Non empurrar, golpear ou obstruir a un contrario.

 

BALONKORF from josemaillo on Vimeo.

Powered by Drupal - Design by artinet