Investigamos

6ºA PRESENTA: "O PRATO SAUDABLE DE HARVARD"

"O PRATO SAUDABLE DE HARVARD“



      Cando descubrimos a principio de curso  que este ano o PDI titulábase “Vivindo san no cole Frian”, decidimos investigar a pirámide de alimentos para habituarnos a ter unha dieta equilibrada. Comezamos, como todos os proxectos,  coas ideas previas. Pero cando empezamos a recoller información para dividir a nosa investigación por equipos. Cal foi a nosa sorpresa de que a pirámide de alimentos xa está en desuso porque un estudo da Universidade de Harvard establece que o prato saudable é unha mellor proposta para unha inxesta ordeada e equilibrada.

    Polo tanto cambiamos a nosa idea inicial de estudar a pirámide dos alimentos pola investigación do  prato saudable de Harvard.

 


 Como xa vos indicamos, a noso traballo recóllese no seguinte genially:

 

GRAZAS 6º A POR ESTE MAGNÍFICO TRABALLO!!

3 anos presenta: "IOGA"

 

CANCIÓN PARA INICIAR O DÍA CON ALEGRÍA

 

IOGA EN 3 ANOS

 

BOTES DA CALMA

  

Grazas 3 anos por este magnífico traballo!

6ºB presenta: "Exercicio saudable"

"EXERCICIO SAUDABLE“

Unha vez coñecida a temática do PDI deste curso, en 6º B decidimos abordalo dende o punto de vista da necesidade que temos todos e todas de facer exercicio para que, engadido a unha alimentación correcta e a un descanso adecuado, disfrutemos dunha vida o máis saudable posible. Despois de reflexionar e decidir a temática que íamos traballar, organizámonos en cinco grupos para desenvolver os 5 aspectos que consideramos de mais importancia á hora de abordar o exercicio físico. 

 

1.E así, un grupo adicouse a buscar información sobre a planificación necesaria na vida de calquera para organizar o teu tempo e así poder realizar un exercicio mínimo cada semana.

 

2.Outro grupo investigou sobre a importancia dunha correcta alimentación e unha adecuada hidratación, para optimizar o exercicio realizado e incluso o que temos que comer e beber antes, durante e despois de facer exercicio.

 3.O terceiro grupo decantouse pola necesaria equipación para realizar de xeito adecuado o deferente exercicio que podemos realizar (material e vestimenta dos diferentes deportes que nos poden gustar)

 4.O cuarto grupo buscou información de dúas cuestións importantes a nivel físico que debemos coidar e facer correctamente cando facemos deporte ou exercicio, como son o calentamento e os estiramentos.

 

5.E o último grupo adicou o seu esforzo a investigar e descubrir os beneficios físicos e mentais que nos aporta a práctica de exercicio físico. 

 

PONTE EN MARCHA, MÓVETE !!!

GRAZAS 6º B POR ESTE MAGNÍFICO TRABALLO!

3º A e 3º B presentan :“ Recomendacións para vivir san“

“ Recomendacións para vivir san“

 

     O alumnado de 3º A e de 3º B fixemos un traballo en equipo baseado na búsqueda de recomendacións para manter unha vida san.

 

    Estar sans permítenos ter enerxía para facer moitas actividades: aprender, xogar, movernos, divertirnos, crecer ... a saúde é unha grande aliada, por iso o alumnado de terceiro aprendemos xuntos moitas cousas sobre costumes saudábeis, sobre alimentación, a hixiene, o exercicio e o descanso.

 

               Todo isto fará que teñamos boa saúde !!!!!

 

Desfrutade do noso traballo:

 

BOA INVESTIGACIÓN 3º A e 3º B

 

GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!

 

4º A: "RECETAS XENIAIS PARA NENOS/AS MOI GUAIS"

“RECETAS XENIAIS PARA NENOS/AS MOI GUAIS  “

 

   Durante este curso, os alumnos e alumnas de 4º A estivemos traballando coa mazá, que é a froita que representa a nosa clase porque temos apadriñado a maceira do cole.

   Como ben sabemos, todos debemos levar unha  vida saudable e activa, para estar fortes e áxiles. Por este motivo pensamos que sería moi boa idea elaborar un libro de receitas de sobremesa que levasen como ingrediente principal a mazá.

     Receitas sinxelas que poidamos facer na casa en compañía da nosa familia, para gozar e enriquecernos con novas ideas para alimentarnos dun xeito máis caseiro e natural.

      Foi un traballo que fixemos en grupos, polo que, a parte de aprender moito  tamén nos divertimos enormemente. Agora so queda que todos e todas desfrutedes con el.

 

Bo proveito!!

 

BOA INVESTIGACIÓN 4º A !!

NORABOA!!

Powered by Drupal - Design by artinet