NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ACHEGÁMONOS Á NOSA LINGUA A TRAVÉS DA FIGURA DE UXÍO NOVONEYRA
O CPI de Dices (Rois) e o CPI da Baña preséntannos o seguinte vídeo sobre a figura do autor homenaxeado este ano. Presta atención e aprenderás moito
PARA SABER MÁIS...
|
|
|
Comencemos polo propio Día das Letras Galegas. Que sabes del? Neste enlace de Vieiros na Escola coñecerás todo sobre esta data tan senlleira. |
|
Aprende máis cousas sobre Uxío Novoneyra, o poeta do Courel a quen se adica este ano o Día das Letras Galegas SERRA DO COUREL. Lugar de nacemeto do autor.
|
CENTENARIO LUIS SEOANE |
Non podemos nin debemos esquecer que este ano se celebra tamén o centenario dun galego moi ilustre: LUIS SEOANE. Para achegarte á súa vida e á súa obra, visita os seguintes enlaces: Os seus cuadros. Traballo realizado por nenos e nenas de 3º e 4º de primaria |
|
ACTIVIDADES EN LIÑA
|
Na páxina web do Seminario Galán poderás atopar un monográfico e diferentes actividades en liña e para imprimir sobre Uxío Novoneyra. |
|
|
Neste LIM, elaborado polo profesorado do noso Centro, poderás atopar actividades multimedia sobre a flora e a fauna do Courel. Para iso, témonos baseado no conto de Uxío Novoneyra titulado Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín. (Recomendado para traballar en Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Educación Primaria) |
|
Neste LIM, elaborado polo profesorado do noso Centro, poderás atopar actividades multimedia sobre a flora e a fauna do Courel. Para iso, témonos baseado no conto de Uxío Novoneyra titulado Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín. (Recomendado para traballar no Segundo e Terceiro Ciclos de Educación Primaria)
|
|
A profe Belén Velasco comparte con todos/as nós un LIM sobre A princesa do Caurel. Mil grazas profe! |
Webquest para o Terceiro Ciclo, elaborada polo Equipo de Biblioteca do Ceip Andrade. |
|
|
O equipo de Biblioteca do Ceip Condesa de Fenosa ofrécenos este Lim sobre Uxio Novoneyra. |
|
O Ceip de Cedeira (Redondela) preséntanos este xogo da Oca, con Uxio Novoneyra como protagonista. (Para poder xogar tes que descargar o xogo premendo na oca). Para xogar é preciso ter instalado o programa Smart Notebook. Neste enlace descárgase a última versión (a proba por 30 días) ou unha versión de balde (a 9.7 gratuíta para Windows). |
|
Este ano 2010 é tamén moi senlleiro para todos os galegos e galegas, xa que celebramos o Ano Santo Compostelán. Unha boa ocasión para visitar Santiago, aínda que sexa "virtualmente". Flocos ten realizado esta fantástica recreación en 3-D das principais prazas da nosa capital autonómica: o Obradoiro, San Martiño Pinario, a Quintana dos Mortos, as Praterías, os Xardíns de Fonseca...
|
E que tal se rematamos cun sorriso? Tamén producido por Flocos, presentámosvos esta historia de animación sobre a retorno de Breogán ó fogar.
|
|
|
Podedes atopar máis cancións e vídeos para os cativos neste enlace. |