Nesta última semana nas clases de Educación Artística de toda a Primaria estivemos a deseñar xoias e así poder participar no concurso convocado polo Colexio Oficial de Xoiería. Aquí os dixamos algúns exemplos do noso traballo
Moita sorte a todos e todas!
|
Actividades varias
DISEÑANDO XOIAS
POEMAR "O MAR"
O día 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de Vigo, colaboramos nun acto que foi organizado pola Asociación Ateneo Atlántico a Antonio García Teijeiro e Ledicia Costas. A nosa colaboración consistíu en facer un vídeo onde Helena, Lara, Nadia, Mateo e Icía, lían poemas do libro POEMAR O MAR de Antonio García Teijeiro.
dos seus gustos, de como se coñeceron, de como é o seu traballo, o seu día a día, do que sentiron cando souberon que lles tocara un premio, o premio nacional de literatura xuvenil e infantil. Foi tan interesante que o tempo pasou voando, casesen darnos conta.
sorpresa para el e para ela. A verdade que non o esperaban e gustoulles moito ou al menos iso cremos...
|
Xornada de acollida no IES República Oriental do Uruguai
O alumnado de 6º de primaria visitou o IES República Oriental do Uruguai (ROU) para realizar unha xornada de acollida. Fomos camiñando dende o colexio, o tempo acompañaba, e as distancias non son moi grandes.
Alí esperábannos para presentarnos o proxecto deste ano; facendo de mestres de ceremonias, antigos alumnos/as de Frian. Que orgullo!
Ensináronnos distintas dependencias do centro: a biblioteca, a aula de bilingüe, o laboratoiro, o horto, etc. Compartiron connosco un obradoiro de ciencia, onde sorprendéronnos con moitas actividades; participamos nunha demostración de robótica...
Agasalláronnos cunha estupenda merendola e conseguimos que nos convidaran a representación de "Romeo e Julieta", pero iso é outra historia....
Vémonos axiña!
Ecos do Día de Rosalía, #RosalíaTe
Os rapaces e rapazas de 3º B convidámosvos a que vexades este traballo que fixemos durante o mes de febreiro sobre a vida de Rosalía de Castro.
Nel poderedes gozar dos nosos debuxos e de imaxes sobre lugares, familia da nosa poeta máis internacional.
As máquinas, Ciencias Naturais 6º
O alumnado de 6º A despois de repartir o traballo do tema "As máquinas", coa metodoloxía de traballo cooperativo, investigaron, reflexionaron, tomaron anotacións e realizaron a súa exposición:
- As máquinas
- Tipos de máquinas
- As poleas
- Os planos inclinados
- As pancas