Actividades varias

Actividades varias

OBRADOIRO MEDIO AMBIENTAL DA MADROA

Chegou a derradeira sesión do Obradoiro Medioambiental do Monte da Madroa. O Plan Comunitario de Teis o longo deste curso achegounos a realidade do monte que temos máis preto. Fixemos moitas actividades de concienciación ecolóxica e de coñecemento das  especies autóctonas. Xa,  nesta derradeira sesión reciclmos materiais cos que fixemos uns preciosos broches, bota unha ollada...!!!

broches

 

Por se queres facer un na casa...presta atención!!!

OBRADOIRO DE CESTERÍA

Unha das árbores que podemos atopar en Galicia é a vimbieira. Ten unha característica moi especial que é a elasticidade das súas polas. Entre elas pódense trenzar, de tal maneira que podemos construir distintos tipos de obxectos. Fai tempo, antes de utilizarse o plástico e outro produtos modernos, empregábanse para atar os brotes das viñas, para preparar as mesmas para a seguinte colleita.

O xoves 25 viñeron o colexio persoal do CAT (Centro de Artesanía Tradicional) a facer un obradoiro de cestería onde empregaban as polas destas árbores e os alumnos/as de 3º ciclo prestamos moita atención.

É unha árbore de segunda liña nos ríos, despois dos salgueiros, amieiros e bidueiros. A súa cor rubia dos vimbios é moi característica.

Resultou moi ameno e de moito interese, deixámosvos algúns momentos do transcurso do mesmo:

Tamén gravamos o seguinte vídeo, recollendo explicacións visuais  dos/as expertos/as:

OBRADOIRO DE POSTAIS

 

debuxo de Iria
ILUSTRACIÓN FEITA POR IRIA PARA O DIARIO VIAXEIRO

 

 

O venres 17 de decembro, tivemos a sorte de ter no noso colexio a Iria, en calidade de irmán de Roi de 5ºA e tamén antiga alumna. Estudante de Belas Artes en Pontevedra, abraiounos fai un días cuns debuxos que deixou no diario das mochilas viaxeiras. Así que faltou tempo para que lle pediramos que compartira con nós algunha das técnicas que sabe. Así que con papeis de regalo, témperas, tesoiras, papel craf...puxémonos a traballar. O resultado unhas preciosas postais.

MOITAS GRAZAS IRIA E...ATA A PRÓXIMA!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet