Venres de Viva Voz

3 anos A no seu Venres de Viva Voz

No seu Venres de Viva Voz, os nenos e as nenas de  3 ANOS A, fan unha versión da canción “Fun ao mercado” de María FumaÇa.

 

     Desfrutade desta versión:

 

 Bo traballo rapaces e rapazas de 3 anos A!

          GRAZAS POLA VOSA ACTUACIÓN!

 

 

 

   E aquí remata a nosa edición dos Venres de Viva Voz do curso 2017/2018.

Venres a venres cada clase do colexio foi realizando unha actividade de expresión oral: cantando, recitando, rapeando, explicando receitas saudables ou contidos relacionados co noso Proxecto Documental Integrado. O obxectivo cumpriuse no seu grado máximo traballando a competencia linguística.

 

  Grazas a todo o alumnado e profesorado participante nesta actividade, sen a vosa colaboración e dedicación non sería posible realizar esta edición.

 

           PRESTADE MOITA ATENCIÓN O ALUMNADO DE FRIAN PRESENTA:

          OS VENRES DE VIVA VOZ!

 

Coa cabeceira dos vídeos desta actividade, despedímonos ata sempre.

 

         Unha aperta a todos e todas!!

 

3 anos B no seu Venres de Viva Voz

No seu Venres de Viva Voz, os nenos e as nenas de  3 ANOS B, recitan a poesía “ A flor do xardín “, que é un xogo de dedos tradicional.

 

     Desfrutade desta versión:

Bo traballo rapaces e rapazas de 3 anos B!

 GRAZAS!

1º B canta "Adiviñas"

Esta semana, os alumnos e alumnas de 1º B, presentan no seu Venres de Viva Voz unha canción de adiviñas sobre os alimentos. Estiveron xogando a adiviñar alimentos cantando. Traballaron a canción de  “ Adiviñas “ do grupo musical Golfiños. Esta canción pertence ao libro deste grupo chamado “ Té, chocolate, café ”.

               Queredes xogar as adiviñas con 1º B ?

NORABOA RAPACES E RAPAZAS DE 1ºB

     GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!

Unha receita de 1ºA para o seu Venres de Viva Voz

Esta semana, os alumnos e alumnas de 1º A, presentan no seu Venres de Viva Voz unha receita con moitos ingredientes e moitas vitaminas. Decantáronse por unha Ensalada de fabas con peixe, proteínas para a nosa saúde.

Explican os ingredientes e o seu modo de facelo antes de desfrutar da súa degustación. BO PROVEITO!

GRAZAS RAPACES E RAPAZAS DE 1ºA

"O vira pé" de 4 anos B

No seu Venres de Viva Voz, os nenos e as nenas de 4 ANOS B, cantan e bailan a canción “O vira pé” de Manuel Rey Posse.

Traballaron esta canción, relacionada co noso PDI de vida saudable, porque se centraron na investigación da sardiña como peixe fundamental na nosa dieta.

Desfrutade da súa actuación:

Bo traballo rapaces e rapazas de 4 anos B!

GRAZAS

Powered by Drupal - Design by artinet