3 anos A no seu Venres de Viva Voz

No seu Venres de Viva Voz, os nenos e as nenas de  3 ANOS A, fan unha versión da canción “Fun ao mercado” de María FumaÇa.

 

     Desfrutade desta versión:

 

 Bo traballo rapaces e rapazas de 3 anos A!

          GRAZAS POLA VOSA ACTUACIÓN!

 

 

 

   E aquí remata a nosa edición dos Venres de Viva Voz do curso 2017/2018.

Venres a venres cada clase do colexio foi realizando unha actividade de expresión oral: cantando, recitando, rapeando, explicando receitas saudables ou contidos relacionados co noso Proxecto Documental Integrado. O obxectivo cumpriuse no seu grado máximo traballando a competencia linguística.

 

  Grazas a todo o alumnado e profesorado participante nesta actividade, sen a vosa colaboración e dedicación non sería posible realizar esta edición.

 

           PRESTADE MOITA ATENCIÓN O ALUMNADO DE FRIAN PRESENTA:

          OS VENRES DE VIVA VOZ!

 

Coa cabeceira dos vídeos desta actividade, despedímonos ata sempre.

 

         Unha aperta a todos e todas!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet