O consello da semana

O conselliño saudable da semana remata a súa edición

O 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, iniciaba a súa andaina unha nova actividade na nosa biblioteca. Cun xogo de pistas, Frianciño, propúxonos formar o “Club dos Supersaudables”. Buscamos as pistas polo patio e resultaron ser as pezas para facer a estructura do mural colaborativo que fixemos entre todo o cole.   

 

   Cada semana unha clase encargábase de recomendarnos un conselliño saudable. Para que toda a comunidade educativa coñecera o conselliño, emitíase todos os luns por megafonía para darlle difusión. Ademais este conselliño recollíase por escrito nunha cela do mural.

 

     Deste xeito, semana a semana aprendiamos un novo conselliño e o noso mural ía ampliando as súas celas. O mural resultou ser un xogo de dados chámado:

 

“DE FRIANCIÑO A FRIANCIÑO SEGUE O CONSELLIÑO”.

 

   Esta colleita de bos consellos saudables foi a tarefa final desta actividade e queda exposta no noso cole para que non esquezamos que este año comezamos a Vivir san no cole Frian.

Para completar a tarefa, o equipo tic, engadiulle códigos QR a cada conselliño para escoitar en directo ao alumnado do cole.

 

      Grazas equipo de megafonía, luns a luns preparando o equipo:

 

 

 

 

 

 

 Así comezamos o mural:

 

 

 

E así o rematamos:

 

 

 

 

Chegamos á Meta  e só nos queda dicir:

 

 

 GRAZAS A TODOS E TODAS POR UN TRABALLO  XENIAL!

 

 

                                                DESPEDÍMONOS ATA O ANO!!

 

 

                                                      ABURRRR!!

 

 

 

 

O CONSELLIÑO SAUDABLE DA SEMANA

PRESTADE  MOITA ATENCIÓN AO CONSELLIÑO SAUDABLE DA SEMANA!

 

Este curso iniciamos unha nova sección na nosa biblioteca.

 

 Cada semana o alumnado  de cada unha das clases do colexio vai compartir un conselliño

saudable cos demais compas e con toda a comunidade educativa. Vai ser unha actividade

gravada en audio. O conselliño  pode estar feito cun pareado, estrofa, etc.

  Unha vez grabado, escribimos o conselliño e o incrustamos no mural colaborativo que

imos facer todo o cole co motivo do Día das Bibliotecas Escolares.

   Ademais para darlle a máxima difusión,  ímolo anunciar por megafonía para que todos

e todas tomemos conciencia da importancia de incorporar as nosas vidas consellos

que melloren o noso día a día.

 

Ánimo e prestade moita atención aos nosos conselliños saudables!!

 

3º B e o consello da semana

3ºA e o conselliño da semana

 

1ºA e o conselliño da semana

1ºB e o conselliño da semana

 

5 anos B e o conselliño da semana

5 anos A e o conselliño da semana

6º A e o conselliño da semana

 

 6º B e o conselliño da semana

 

 5º A e o conselliño da semana

5º B e o conselliño da semana

4º A e o conselliño da semana

 4º B e o conselliño da semana

 3 anos A e conselliño da semana

 

 3 anos B e o conselliño da semana

 

 2ºB e o conselliño da semana

2ºA e o conselliño da semana

 

 4 anos B e o conselliño da semana

 

4 anos A e o conselliño da semana

 

Powered by Drupal - Design by artinet