O entroido

O entroido

ENTROIDO 2024

Entroido 2020

Despois duns días de moitos preparativos, por fin chegou o día do desfile.

Este ano tivemos un aliado perfecto, o sol, así as nosas comparsas, facendo referencia a distintos temas do noso P.D.I. anual "Vigo, cidade de cores" luciron fantasticamente.

Un cento de "Dinosetiños e dinosetiñas" tomaron as rúas coa súa cor verde; un grupo. ben grande de "Merdeiros e merdeiras", animaron a mañán e encheron a rúa do seu cheiro característico; "Os anunciantes dos museos" fixéronnos unha proposta moi interesante para estes días de Entroido; e, o pasado chegou ao noso barrio cuns "Vigueses e viguesas da Reconquista".

Cunha grande expectación, e centos de móviles e cámaras recollendo o momento, demos un bo paseo polo barrio. Xa moi cansadiños e cansadiñas voltamos ao cole para desfrutar dunhas xornadas merecidas de descanso.

Queremos aproveitar para dar as grazas a todas as familias que participaron dalgún xeito nos obradoiros de creación dos disfraces, sen elas sería imposible; e tamén os pais e nais que nos acompañaron e amenizaron o desfile coas gaitas e pandeiretas.

Deixámosvos as primeiras fotos dos grupos, desfrutade con elas.

 

 

 

Premendo na seguinte imaxe atoparás moreas de fotos e vídeos que o mestre Jose fixo durante o desfile.

Grupo musical

 

 

Durante toda a semana estivemos ben atentos/as "Os mandadiños do meco"

 

Tamén o luns, que e o día adicado a postres caseiros, dentro do calendario de merendas saudables, compartimos sobremesas de entroido, estaban ben boas!

 

 Jorge, pai de Xorxe de 6ºB, realizou un obradoiro sobre "Os Meredeiros" que recollemos no seguinte vídeo:

 

 

Bo entroido 2020!

 

 

MERENDAS COMPARTIDAS DE ENTROIDO

merenda entroido

Xa chegou o tempo do Entroido e decidimos que como os luns son os días das merendas caseiras, que mellor que compartir nas aulas unha merenda de Entroido ( filloas, orellas, rosquillas...)

Xa nos explica Alba Otero que son moi saudables

 

 

Entroido 2011

CARNAVAL 

Chega o Entroido! Nós xa estamos a preparar os nosos disfraces.

A continuación, presentámosvos unha serie de recursos sobre o Entroido que, xenerosamente, teñen posto á nosa disposición diversos compañeiros doutros colexios. Aprendede e disfrutade con eles!

   

PARA INFORMARTE

 

COORDINADORA GALEGA   Para saber sobre o entroido
galicia espallada   Galicia Espallada afonda nos orixes e ritos do entroido
     

Enlace á páxina web de Vieiros na Escola

 

 

Aquí tendes un enlace á páxina de Vieiros na Escola, onde se publica un monográfico sobre o Entroido na provincia de Ourense.

Enlace ao blog da Escola Unitaria de Vide   
 

 

A través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, a nosa compañeira Sabela Lahuerta, mestra na Escola Unitaria de Vide, achéganos esta recompilación de actividades e informacións sobre o Entroido para nenos e nenas de Educación Infantil

 
blog casa de tol@s
   

Casa de tol@s. Coma sempre, Belén, mestra, compañeira e amiga, ofrécenos, a través do seu blog, un montón de recursos para traballar, neste caso, o Entroido


 
web de norberto
   

Web de Norberto. Nesta páxina atoparás unha chea de recursos sobre o Entroido.

   

ACTIVIDADES MULTIMEDIA PARA TRABALLAR NA AULA

 

lim  

 Lim de Rosa González: O entroido...e Vigo!

lim  

Lim do CRA Raiña Aragonta, dos entroidos da provincia de Ourense.Educación infantil e 1º ciclo.

 

Lim colaborativo sobre o Entroido

VEDOQUE  

 

Fai máscaras con VEDOQUE on-line

peliqueiros  

Caza do tesouro do entroido en Galicia de Elena Bauluz

Enlace ao blog do C.E.I.P Mestres Goldar
 

 

Tamén a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares nos chega esta webquest elaborada por Julia González, mestra no C.E.I.P. Mestres Goldar, de Vigo.

 
antifaz
 

Caza do tesouro: El carnaval en el mundo. Orixes do entroido. Traballo feito polo Colexio Público San Walabonso, Junta de Andalucía

   

OUTRAS ACTIVIDADES

 

 
ENLACE ACTIVIDADES PLÁSTICAS
 

Actividades plásticas:

Máscaras para pintar

Máis máscaras para pintar

Moitos debuxos de entroido

Moreas de debuxos do entroido

Caretas feitas con pratos de papel

   

 

RECEITAS DE ENTROIDO

 
orellas
 

Sobremesas de entroido

Máis receitas do entroido

O noso recetario de entroido. Propoñémosvos facer un libro de receitas do outono, podedes descarga no seguinte enlace un modelo para facer unha receita:  receita de entroido

   

FACENDO HISTORIA EN FRIAN

 

moucho frianón
 

Dende o colexio de Frian tamén queremos  aportar o noso traballo de anos anteriores. Se non sabes aínda que disfraz poñerte bota unha ollada... 

  •  No ano 2007, a temática foi libre: o cole encheuse de paiasos, indios, hippies, enfermeiros...

Entroido 2007

  • No ano 2008, recreamos a Idade Media, xa que este era o tema do Proxecto de Dinamización proposto dende a Biblioteca do cole.
  • No seguinte enlace podes acceder directamente aos comentarios que foron deixando no noso blog os protagonistas:

De troula no Frian

  • E aquí tes as primeiras fotos do Entroido 2009. O tema deste ano foi A Reconquista de Vigo.

Entroido 2009

Entroido 2010: O MUNDO É GRANDE!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet