Actividades

OBRADOIROS " TI SI QUE ES UN BO PEIXE"

peixe obradorios

Nestes días estamos no cole participando nos obradoiros deste programa creado pola Consellería do Mar.

Estes obradoiros teñen un dobre obxectivo, facilitar o coñecemento e consumo de productos frescos do mar de Galicia e incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

Foron uns obradoiros dinámicos, lúdicos e didácticos presentando peixes e mariscos, aportando información de onde viven, como se pescan e a súa importancia na nosa alimentación e saúde.  

Os peixes en conserva son outra opción, e ou dous combinados son a solución. 

 

Festa rachada co baile e o xogo dos mariñeiros e mariscadores. 

 

 

 

Parabéns pola actividade!!!

 

Peixe 2

 Peixe 3

 

Peixe 1

 

CAMPAÑA SENSIBILIZACIÓN DO CANCRO DE MAMA NO CC TRAVESÍA

Esta mañá estivemos no CC Travesía deixando as nosas pegadas  para así pedir máis investigación para o CANCRO e lembrando e apoiando a todas as persoas que sofren esta enfermidade.

Grazas a toda a Comunidade Educativa pola súa implicación! 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Con motivo do Día  Mundial do Medio Ambiente os nenos e nenas do Frian saimos a facer a nosa   milla diaria  levando unha pancarta feita con material de refugallo e con lemas para concienciar da importancia de coidar  o noso planeta. Xogamos a reciclar   cun xogo moi divertido e reflexionamos sobre a importancia de coidar a natureza.

Letras espumosas

Na aula de 4 anos A divertimonos coas letras espumosas!

Ademais de escribir o noso nome , tamén escribimos aqueles que son significativos para nós!

OBRADOIROS IGUALDADE

igualdade 1  igualdade 2

Hoxe rematan os Obradoiros sobre Igualdade que a ANPA preparou para a nosa Comunidade Educativa,

Diferentes obradoiros pensados para os máis pequenos e para os adultos tamén.

 

3 anos igualdade

 

 

4anos igualdade

 

5 anos igualdade

 

igualdade 3

 

igualdade 4

igualdade 5

igualdade 6

igualdade 7

 

5ºA igualdade

 

MOITAS GRAZAS ANPA GONDERÁN !!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet