5 anos 20/21

Un pouco máis de outono 5 anos A

O outono está cheo de actividades variadas que nos encantan e coas que disfrutamos moitísimo. Actividades de grafismo creativo, creación de mandalas de otono co todo alumnado de infantil, manipular e crear son das nosas actividades favoritas!!! Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos e o moito que nos gusta o outono.

A creación dun mobil de outono elaborado na casa en familia  foi unha das actividades máis creativas e non podemos máis que dar grazas a todas as familias que participaron!!!

 

 

UN SAMAÍN DE MEDO

O Samaín é unha tradición galega que aínda que con menos arraigo que o Haloween típico doutros paises, o gozamos e dsifrutamos del con intensidade. No Frian non podía ser menos e os nenxs de 5 anos traballaron a tradición a través de contos, cantigas, manualdiades, experimentos e actividades manipulativas e variadas. Disfrutamos moito do Samaín e o pasamos xenial creando a nosa apócema cos ingredentes máis terroríficos posibles. 

 

 

 

CREANDO MÚSICA

A música nos acompaña sempre , nos malos e bos momentos.Cando escoitamos ou creamos música nos relaxa e nos fai estar ledos e felices. Nas clases de música dae 5 anos A , creamos música e levamos a cabo diferentes actividades dende percusión corporal a xogos de discriminación auditiva. Nestas clases o máis importante é saber que podemos crear música non só a través dos instrumentos musicais sino tamén a través de elementos naturais ou do noso propio corpo.

 

 

DÍA DO PUNTO:15 SETEMBRO

O conto que Peter H. Reynols, O punto, publicou en 2005 festexa un aniversario especial. Para festexalo , existe unha iniciativa mundial chamada

"Día internacional do punto" convocada para o 15de setembro,O obxectivo desta convocatoria e festexar a creatividade, a expresión e o arte: o potencial que todxs poseemos.

Por iso nas aulas de 5 anos non quixemos deixar a oportunidade de festexar este día e deixar voar a nosa creatividade. 

Aquí vos deixamos algunhas das actividades que levamos a cabo ademais da lectura e visionado do conto , ao que vos deixamos o enlace por se o queredes gozar. 

O OUTONO CHEGOU AO FRIAN

Comezou o outono outro ano máis, e aínda que este ano a calor está presente por máis tempo, na aula de 5 anos quixemos comezar a disfrutar desta estación que nos encanta. Coñecemos e repasamos os díferentes froitos de outono diferenciando entre froitos secos e carnosos. Traballos vocabulario a través das tarxetas lectoescritoras e realizamos os noso árbores de outono pintando con material de refugallo. 

O outono nos encanta, por iso isto son é unha pequena mostra de todo o que traballaremos nesta estación .

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet