5 anos 20/21

XOGANDO COAS REGLETAS

Os conceptos lóxico-matemáticos van moito máis alá de discriminar ou recoñecer grafías e cantidades. Cada vez son máis os recursos e materiais manipulativos que podemos utilizar co noso alumnado. Sen embargo existe un recurso nada actual , que existe dende hai moitísimos anos :as Regletas Cuisinaire.Pero cada vez son máis os métodos, xogos e dinámicas que podemos utilizar co noso alumnado para traballar con este recurso.

Na aula de 5 anos levamos un tempo traballando coas regletas de xeito lúdico e divertido e ademais de aprender disfrutamos e o pasamos xenial. Aquí vos deixamos un video con unha pequena mostra do traballo dos nosos cativos.

 

ACTÍVATE : NOVO PROGRAMA PARA O ALUMNADO DE 5 ANOS B

Na aula de 5 anos B incorporamos este curso un novo proxecto titulado "ACTÍVATE" en dúas sesións semanais. O alumnado a través de actividades e xogos  que impliquen movemento traballan aspectos para o desenvolvemento da mente e do corpo. A importancia é facelo a través do xogo e de actividades motivadoras e divertidas. A mestra Ánxela é a encargada de levar a cabo este proxecto e sen dúdbida os cativos están encantados. 

 

 Aquí vos deixamos un par de videos para que vexades como se levaron a cabo  e o ben que o pasan.

BENVIDO OUTONO 5 ANOS B

Os cativos de 5 anos B dan a benvida ao outono neste curso tan complexo. Pero os exteriores do noso centro nos permiten visitar a nosa contorna. En diferentes bandexas con diferentes tamaños ( grande/mediano/pequeno) clasificamos diferentes elementos do outono: cogomelos, ourizos, castanas, follas, landras....  Ademais elaboramos a nosa propia árbore de outono utilizando a técnica plástica da estampación con rotuladores dots utilizando os diferentes cores do outono: marrón, amarelo, laranxa, vermello.... Benvido outono, canto te botámamos de menos!!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet