Formación de usuarios

A NOSA CDU ILUSTRADA

 CDU  ILUSTRADA

 

   Iniciamos unha nova andaina no traballo da nosa biblioteca. Novo curso 2018/19, novas ideas e novos proxectos para levar a cabo.

 

    Este ano o noso Proxecto Documental Integrado englóbase  baixo o lema “Nós somos activos/as, súmaste?“.  Seguimos a traballar  hábitos para fomentar na comunidade educativa un estilo de vida máis saudable.

 

     Como é costume na programación da nosa biblioteca, o mes de Outubro está adicado á Formación de Usuarios.  Este ano estivemos de reformas na biblioteca, cambiando mobiliario, estanterias e reorganizando espazos. Aproveitando o cartel da CDU ilustrada enviado pola  Asesoría de bibliotecas escolares, elaboramos uns novos carteis para renovar os carteis da CDU da nosa biblioteca. Esta actividade levouse a cabo ao longo do mes de outubro. Copiando a Óscar Villán, cada nivel encargouse da elaboración dun autubús.  

       O día da celebración das Bibliotecas Escolares, expusimos os traballos a todo o colexio.

     

 

         No seguinte vídeo, os reprentantes de cada nivel educativo explican os carteis da CDU que elaboraron. Desfrutade do noso traballo:

 

Noraboa Frian!

Powered by Drupal - Design by artinet