3 anos 20/21

" NEVE DE CORES" : EXPERIMENTO NICO E A SÚA MAMÁ

Novembro é o mes da ciencia e na clase de 3 anos quixemos facer tamén participes as familias dos experimentos e actividades relacionadas coa ciencia.

Nesta ocasión Paula a mamá de Nico quixo vir para realizar un experimento titulado " Neve de cores". Grazas Paula por compartir con nós esta experiencia!!!

 

UNHA SEMANA DE SAMAÍN EN 3 ANOS

Os cativos de 3 anos tiveron unha semana moi divertida e moi terrorífica na clase : receitas terroríficas, manualidades, bailes, contacontos...

Non volo podedes perder!!! Feliz Samaín!!!

 

ARROZ DE CORES PARA SAMAÍN !!!

O alumnado de 3 anos de Educación Infantil quixo prepararse para a chegada do Samaín tinguindo arroz de cores típicas para utilizar na aula en actividades sensoriais. Non vos perdades os diferentes pasos para levar a cabo esta actividade tan divertida!!!

 

XA É OUTONO !!! COMO NOS GUSTA!!!

Se hai unha estación coa que os nenos e nenas máis disfrutan , esa é o outono. Unha estación chea de cores e de experiencias sensoriais. Os máis pequenos do cole comezaron a gozar con esta estación , experimentando, manipulando e creando. Como nos gusta o outono!!! Isto é só o comezo!!! Canto nos queda aínda por poder disfrutar!!!

 

 

                                                                

NORABOA!!! ADAPTACIÓN SUPERADA!!!

Os máis cativos do cole remataron o periodo de adaptación. Uns días para conectar cos profes, cos novxs amigxs , co espazo do centro e ca aula. Un tempo moi importante onde gañar en confianza e autonomía . Estes pequenos de 3 anos chegaron con moitas ganas e moita ledicia. Podemos decir que superaron máis que de sobra este periodo de adaptación!!! Noraboa rapaces!!!Nos espera un curso cheo de aventuras e bos momentos!!!

 

                                                                    

Powered by Drupal - Design by artinet