EDUCACIÓN FÍSICA

Actividades de EF

DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICA

Milla vía verde 

 

Dende o equipo de Educación Física seguimos aproveitando as posibilidades da nosa contorna para o fomento da actividade física diaria e esta vez contamos coa colaboración do Concello de Vigo para celebrar o día Mundial da Actividade Física.

Por iso trasladamos a Milla Diaria de 3º e 4º de primaria á Vía Verde á altura do Parque das Coutadas. Alí ademais de recibir á visita do alcalde de Vigo, fixemos cos voluntarios do Concello diversas probas tanto da observación dos arredores do paseo como de actividade física (por exemplo circuitos de habilidade ou puntería)

 

Milla vía verde 2

 

 

Aquí podedes ver os enlaces ás publicacións 

xornal Vigo

 

via verde

PIALE 2022

Compartimos este vídeo co obxectivo de dar a coñecer a participación da mestra de Educación Física, Ana Martín,  no Programa de Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) e así amosaros unha pequeña parte do aprendido en Canadá.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Con motivo do Día  Mundial do Medio Ambiente os nenos e nenas do Frian saimos a facer a nosa   milla diaria  levando unha pancarta feita con material de refugallo e con lemas para concienciar da importancia de coidar  o noso planeta. Xogamos a reciclar   cun xogo moi divertido e reflexionamos sobre a importancia de coidar a natureza.

SAN SILVESTRE FRIANTEIRA

A carreira de San Silvestre ou sansilvestre​ é o   nome con  que se lle coñecen as distintas carreiras atléticas de carácter popular que se disputan anualmente o 31 de decembro (día de san Silvestre segundo el santoral ) en diferentes lugares do mundo.

No cole de Frian tamén a celebramos o último día de clase antes das vacacións de Nadal.

Primeiro fixemos os nosos dorsais

dorsais

 

e despois e por etapas, por mor da pandemia, fixemos o noso percorrido polo cole.

UN ANO MÁIS DE XOGOS POLO CAMIÑO. NOVEMBRO 2021.

Ao longo desta semana, estanse a celebrar os  XI Xogos polo Camiño, onde todo o alumnado do centro participa  nun circuito de xogos tradicionais organizado pola Equipa de Educación Física e Psicomotricidade.

 

Powered by Drupal - Design by artinet