Animación á lectura

María Canosa fálanos de "Muriel"

O alumnado de recibiu a visita de María Canosa, autora do libro “Muriel” . Esta foi a lectura do 2º trimeste que resultou moi interesante.

María falounos da súa faceta como escritora, os momentos bós e os que non o foron tanto, en que se inspira cando decide escribir una historia, …

Estivo moi simpática e amable. Ao remate asinou os nosos exemplares.

A continuación podedes ver una pequena biografía de  María por si queredes saber algo máis de esta extraordinaria escritora.

 

María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha escritora galega de literatura infantil e xuvenil.

Filla da escritora Concha Blanco, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios. Titulouse como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña, traballou de enxeñeira e foi a Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte.

Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011 ata principios de 2013 cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupa o posto de experta.

LIBROFORUM 6ºA

Despois da lectura do libro “Avións de papel” do autor galego Xavier Estévez fixemos un libroforum. Preparamos información sobre a bigrafía do autor e realizamos descricións dos pernosaxes da obra. Cada un foi expoñendo o seu traballo e despois intercambiamos as nosas opinións sobre eles. O debate estivo moi interesante cando falamos dos temas fundamentais do libro, o acoso escolar e a legalidade dos graffitis.

   É unánime entre todos os alumnos e alumnas de sexto que recomendamos este libro polo seu argumento e pola súa temática tal actual.

             Grazas Xavier Estévez por Avións de papel

Gustounos o tema dos graffitis e fixemos unha recopilación de graffitis da nosa cidade.

Visita de Mónica Rodríguez escritora de "Alma y la Isla"

O 28 de febreiro visitounos Mónica Rodríguez escritora do libro "Alma y la Isla", Premio Anaya de Literatura Infantil y juvenil.

A continuación unha selección de reseñas sobre o paso de Mónica polo noso centro.

CONTACONTOS COS MAIORES

O alumnado de 5º de Primaria realizou unha actividade de contacontos para os mais cativos do cole.Unha experiencia que esperamos repetir pronto.

 

Powered by Drupal - Design by artinet