SOLICITUDE ADMISIÓN CURSO 2024/25

SOLICITUDE PRAZA 24/25

Dende o día 1 ata o 20 de marzo (ambos incluídos) estará aberto o prazo de solicitude ordinaria de admisión para o curso académico 2024/25.

A solicitude pode facerse de dúas formas:

Presentación electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), cubrindo o modelo ED550B e o Anexo II-bis. Para elo, é necesario que dispoñades de certificado de identidade e sinatura dixital ou Chave365.

Presentación presencial na secretaría do noso centro. Neste caso, podedes solicitarnos a documentación a cubrir ou ben descargala na aplicación admisionalumnado e imprimila.

Ante calquera dúbida podedes contactar coa secretaría do centro (886120161), en horario de 9:00 a 13:30h,  de luns a venres.

 

Powered by Drupal - Design by artinet