3º PREMIO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS!!!

Trofeo 

A mañá de hoxe, 9 de novembro ten rematadado moi, pero que moi ben.

 

Sobre as 13 horas do mediodía recibiamos no noso cole a nova do Ministerio: xunto con outros catro centros de Galicia, acababamos de ser galardoados co Terceiro Premio Nacional ás Boas Prácticas nas Bibliotecas Escolares.


Como este non é un premio individual, senon que é resultado da suma dos esforzos de todos e todas, queremos, dende aquí, comunicárvolo, e darvos as grazas a toda a Comunidade Educativa (familias, alumnado e profesorado) por facelo posible.


Unha lembranza moi especial para o Equipo Directivo, que sempre nos ten apoiado con entusiasmo, e para todos os centros integrados no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) por compartir connosco as súas propostas e, así, permitirnos aprender delas.

 

E, sobor de todo, grazas a Cristina e Pilar polo seu inxente e laborioso traballo como Asesoras de Bibliotecas Escolares.

 

Se queredes facer algún comentario sobre esta nova, enlazade co noso blog.

Powered by Drupal - Design by artinet