Xornal escolar

Xornal "A Voz de Frian" nº 28

E como é habitual cando se aproxima o fin de curso, despois de un duro traballo de redacción de artigos e maquetación, aquí temos o xornal escolar anual "A Voz de Frian" no seu nº 28, este ano coa temática "Vivindo san no cole Frian"
Anímate a lelo; está cheo de estupendos artigos!

 
 
 
 

Premios 3ª edición "Faro da Escola"

O 28 de Maio o alumnado de 4º de Primaria, en representación de todo o centro,  asistíu ao acto de entrega de premios da 3º edición de Faro da Escola.

A xuntanza  tivo lugar no parque de Castrelos  coa participación de 48 colexios da provincia de Pontevedra. Tratouse dunha xornada festiva  na que os patrocinadores felicitaron e agasallaron a todos os participantes.

Recibimos por parte de “Faro de Vigo”  exemplares , para toda a comunidade educativa, do xornal que elaboramos neste curso.

O noso cole recibiu o 3º premio ao ´´Mellor uso do audiovisual” e un accésit especial ao “ Cómic Sopa Verde”

 

NORABOA!

Revista "A Voz de Frian" 2016

 E coma todos os anos por estas datas sae á luz a revista "A voz de Frian" (nº 26), coordinada polo mestre Victorio e maquetada polo mestre Jose. Esperamos que sexa do voso agrado.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet