Hora de ler

OS CONTOS NOS ENCANTAN

A través dos contos viaxamos e nos transportamos a un mundo novo , é por iso que os contos nos encantan ... pero se son de emocións aínda mais. As nosas profes Raquel e Ángela (3 ANOS) tamén lles gustan moito, por iso sempre que poden nos contan contos moi divertidos. Queredes velos?

 

                                                               

 

Guardar

Guardar

Apradiñamentos lectores 2017

"Día do libro 2017 no Frian"

 

       O venres 21 de abril, celebramos no noso colexio o Día do libro, debido a que a data exacta coincide en domingo.

    O noso xeito de celebralo foi facendo un "Apradiñamento lector" e así converternos en "Padriños e madriñas, afillados e afilladas lectores/as". O alumnado dos cursos superiores leron ós demais cursos. Cada padriño/madriña foi a buscar ó seu alillado/a e levouno ó seu lugar preferido do cole para facer a súa lectura, e coma os nenos e nenas son moi listos, buscaron a sombra e un dos mellores lugares do patio para facer as súas lecturas.

 

 

    Foi unha delicia sentir durante media hora como todo o cole estaba inmerso na lectura de contos de medo, de piratas, de animais, de princesas, do circo...

 

   Só un murmullo de voces, de voces literarias, reinaban no patio, no areeiro, nas escaleiras...calquera lugar era bo para saborear unha boa aventura lida por un compañeiro ou compañeira de cole.

 

    Como non podía ser doutro xeito, unha experiencia así, tiña que ter un agasallo. Houbo intercambio de marcapáxinas, un bico e as gañas de repetir a experiencia.

 

 

 
 
Grazas, Día do libro!
 
 

HORA DE LER

Bos días amiguiños e amiguiñas, neste novo apartado do Territorio lector, Frianciño quere mostrarvos os nosos novos recunchos de lectura, onde adicaremos tempo da nosa xornada escolar, dedicado a ler divertidos libros, contos textos, noticias, bibliografías, receitas... un sin fin de cousas cheas de diversión, que incitarán a lectura e a imaxinación.

Resultado de imagen de dibujos  de buho hablandoPASEN E VEXAN!

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet