Ao finalizar o mes de marzo levamos a cabo a actividade "Lendo baixo a mesma estrela". Se ler é un pracer, ó aire libre aínda máis. No Frian temos a sorte de contar con gran variedade de espazos ao aire libre, por iso é unha oportunidade excelente de xuntar natureza e lectura.
O alumnado de 4º A visitou as clases de 3 anos para realizar un contacontos moi especial. O conto escollido foi " Crocodilo namorado". A parte da súa lectura engancharon aos nenos cunha canción moi pegadiza e aproveitando a celebración do entroido realizarón máscaras de crocodilo cos mais pequenos. Unha experiencia moi enriquecedora onde pequenos e maiores traballan xuntos.
Voluntarios da Biblioteca de 6º A lemos a 3º A e 3º B.
Na Biblioteca O Lar de Frianciño, do CEIPP Frián Teis, somos voluntarias:
- Graciela Fernández Dorado
- Ruth Iglesias González
- Andrea Núñez Borrageiros e
- Sara Vicente Lorenzo.
Con motivo do día da Paz decidimos ler o libro A BRUXA DISCORDIA de Mamá Cabra e Carmen Gil, con ilustracións de Iria Fafián, e completar a actividade co Baile da Esperanza, incluído no mesmo libro, xa que estamos no PDI de centro “Somos activos e activas, súmaste?”
Preparamos a lectura na biblioteca, nas horas de ler e nas nosas casas durante as semanas previas.
O día da paz desfrutamos compartindo a nosa lectura e baile cos alumnos e alumnas de 3º A e B. En 3º B animáronse todos a bailar, imitando os nosos movementos. Que ledicia !
Compartir as lecturas é gozar dobremente delas !!!
Na derradeira semana do mes de Xaneiro demos comezo á actividade de "Bibliotecas Escolares Solidarias": "LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA".
Todo o alumnado foi participe desta actividade ao aire libre, dende os máis pequenos ata os maiores do cole. Unha actividade onde a motivación principal é o gusto pola lectura. O alumnado dos cursos superiores de 5º e 6º len aos máis cativos; tamén se ten a opción de ler libremente, gozando da gran variedade de espazos ó aire libre que ten o noso centro.
Unha vez ao mes realizaremos esta actividade que sen dúbida será moi enriquecedora para todos.