Novas

Novas

CHARLA-COLOQUIO: "SEGURIDADE PARA INTERNAUTAS"

Organizado polo Equipo de Orientación , estanse a desenvolver no Centro charlas sobre a Seguridade no emprego da internet; personal especializado do Ministerio de Interior será o encargado de dirixir as mesmas.

seguridade en internet

 

  • O alumnado de 5º e 6º, o  venres 26 de abril, asistiron a dita charla. Recibiron información sobre o emprego de redes sociais, o uso de xogos on-line,  identidades dixitais... Deixámosvos unhas fotos do transcurso da mesma: 

 

  • O martes 30 de abril, as 5:00h teremos unha charla-coloquio sobre a "seguridade en internet" dixida ás familias.

 

Dada a importancia deste tema, esperamos a vosa participación!

CONTOS POLA TROPA DE TRAPO

Organizado polo Equipo de Orientación e financiado polo Concello de Vigo e dentro do programa "impórtanos", o xoves 13 de decembro, tivemos a sorte de contar con "A tropa de Trapo" unha compañía de contacontos sorprendentes;  se tendes dúbidas mirade estas cariñas en plena función:

nenas durante a función

Contaron as historia de Antía, unha nena galega;  Wanba, un home do congo e o pequeno regato.

Xuntos aprenden moitas cosas.

Deixámosvos unhas fotos tomadas durante a función:

E houbo moitísimos aplausos:

aplausos

DE DESPEDIDA

O venres día 9 de Novembro, Ainhoa García Guisande, alumna de 5ºA, tivo que deixar o noso cole para incorporarse o CEIP de Belesar, pero os seus compañeiros e compañeiras fixéronlle un agasallo que nunca esquecerá.

 

Ainhoa co seu agasallo nas seguintes fotos.

ainhoa

 


 

 


OBRADOIRO PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Ó Equipo de Orientación organizou un obradoiro para o alumnado de 6º sobre  a Prevención da drogodependencia.

Esta semana o alumnado de 6º comezou un obradoiro organizado pola Concellería de Política e Benestar, xunto coa Alcaldía e a PLsDA (Plan Local sobre drogodependencias e outras adiccións). A encargada de dirixir este obradorio é Fani, que durante 4 sesións o longo do mes de outubro e novembro daranos información necesaria para abordar este tema.

UNHA VISITA ESPECIAL

O Departamento de Orientación organizou unha xornada de sensibilización de persoas xordas para o alumnado do noso centro o día 13 de abril.

 Leváronse a cabo dúas actividades:

 - Un contacontos para o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil.

 - Unha campaña de sensibilización de persoas xordas, para o alumnado de educación primaria.

 Neste día os nenos e nenas poideron coñecer mellor como viven día a día as persoas xordas.

Camilo, xordo de nacemento, explicoulles a todos como facía para comunicarse con persoa oíntes, como espertaba pola maña, como podería saber se un bebé chora sendo el xordo...

Antonio foi o intérprete de lingua de signos.

En todo momento, Camilo a través de Antonio daba respostas a todas as dúbidas que xurdían nos alumnos-as.

 Esta actividade foi posible gracias á colaboración da Fundación FAXPG que realiza campañas de sensibilización a través das que difunden e dan a coñecer as características das persoas da Comunidade Xorda, a Lingua de Signos española e a Cultura desta comunidade.

Aquí vos deixamos un vídeo dos bos momentos compartidos.


Powered by Drupal - Design by artinet