Resolución da convocatoria do programa BIBLIOTECA CREATIVA para o curso 2021/22

Lun, 15/11/2021 - 17:09
bc

Achégase arquivo coa Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 12 de novembro de 2021, pola que se publica a selección de 25 centros que se incorporan ao programa Biblioteca Creativa no curso 2021/22, así como as asignacións que reciben os centros de continuidade, en función dos anos de antigüidade no programa, tal e como se contempla na convocatoria de 8 de outubro de 2021. En total son 125 os centros que integran este programa, todos eles centros PLAMBE con ensinanzas de infantil e/ou primaria, de titularidade da CCEU.