Primaria

NÓS SENDEIRISTAS, E TI? 3º A

Este ano o alumnado de 3ºA traballsmos o sendeirismo: NÓS SENDEIRISTAS, E TI?. Estivemos facendo traballos informativos, plásticos... poesías, bailes, contos , cómics... A verdade é que foi moi interesante e aprendimos moitas cousas que non sabíamos. Aquí tendes os nosos vídeos. O resto do noso traballo está recopilado nun libro.

VIDA SAUDABLE3º B

" Vida saudable" é o PDI traballado polo alumnado de 3º B:alimentación , deporte,hábitos saudables...Foron moitas e variadas as actividades traballadas polos nosos alumnos .Non vos perdades este video que resume todo o traballo deste curso.

 

ACTÍVATE POLA NATUREZA 2º A

O alumnado de 2ºA traballou durante todo o curso o tema " Actívate pola natureza" traballando na horta ecolóxica,a contaminación , a reciclaxe, os diferentes tipos de bosques... Un amplo abanico de temas onde o importante é sobre todo coidar o noso planeta.

 

ACTIVA A TÚA MENTE 4º

Durante o curso 2018/2019  traballamose xogamos para activar a mente ,creamos merendas  orixinais e sanas ,participamos cas tarxetas de amizade e postais de Nadal coas rimas, traballamos con zogos e aplicacións para axudarnos a aumentar a atención ,memoria ...investigamos, relaxámonos e disfrutamos con pinturas e moita arte.Pero sobre todo pasámolo xenial!!!

Powered by Drupal - Design by artinet