Aliménta-T ben

RECOPILACIÓN DE TRABALLOS ( INFANTIL 4)

bolsa 1

 

Parte dianteira personalizada

 

bolsa 2

Parte traseira co pareado

Os alumnos e alumnas de Infantil de 4 anos fixeron unha recopilación de todos os seus traballos e os levan para casa nestas fermosas bolsas que elaboraron coa axuda das súas profes Carmen e Conchi. Mirade que espectacular

e

sempre lembrando unha boa alimentación saudable!!!

Festival 2018: "Vivindo san no cole Frian"

 

A temática do noso festival foi sobre o noso P.D.I. "Vivindo san no cole Frian"; coma se dun restaurante se tratase os mestres/as de sala (alumnado de 6º) presentáronnos uns deliciosos pratos.

Dispostas e dispostos a compartir este estupendísimo menú no restaurante Frian, con estrela Frianchín!

Para empezar uns entremeses variados de fotografías:

De seguido, primeiros, segundos pratos en formato vídeo:

 

4º de Infantil: "O baile da froita"

                        "No meu xardín"

 

5º de Infantil: "Fame"
 

 

6º de Infantil: "Oleite mola",

Teatro:"A mellor sopa do mundo"

 

1º A: "Emocións saudables"
 

1º B: "Bailando no mar"

 

 

2º A: Canción baile "Macarena saudable"

 

2º B: Canción baile "A Tribo do corazón"

3º A-B: "A illa dos cangrexos violinistas"

 

 

 4º A: "O Rap da vida Sa"
 

 

 4º A-B: "O Rap dos vexetais"

 

4º B: "Mímica coas froitas"
 

5º A-B: "A festa no faiado"
 

 6º A-B: "Canción despedida"
 

 6º A-B: "FriangymII Acrosport"
 

 6º A-B: "Friangym III, Acrosport"
 

6º A: Canción en Inglés "Lunch"

 

6º B Canción en Inglés "Get your body moving"

   

Para rematar unhas boas sobremesas feitas polas familias:

 

Esperamos volvan a probar os nosos esquisitos pratos, elaborados con tanto traballo e cariño!

CÓMEME...

2ºA 

O alumnado de 2º A  tomouse moi en serio  o de vivir dunha forma saudable  polo que ao longo deste curso investigamos cales son os alimentos máis saudables en cada estación do ano.

      Producto desta  investigación realizamos no primeiro trimestre un  mural con debuxos das froitas e verduras máis saudables  do Outono.

2ºA

     No segundo trimestre voltamos a investigar e fixemos un mural con  folletos de supermercados recortando e pegando as froitas e verduras máis saudables e recomendables para o Inverno.

2ºA 

     E neste  terceiro trimestre  voltamos a facer debuxos  das froitas e verduras máis  saudables para a Primavera.

2ºA



    Deste  xeito co slogan  “Cómete o  Outono, Cómete o Inverno  e Cómete a Primavera”  temos expostas as nosas recomendacións saudables.

2ºA



      Agora só tedes que seguilas,  ánimo!!

Xornal "A Voz de Frian" nº 28

E como é habitual cando se aproxima o fin de curso, despois de un duro traballo de redacción de artigos e maquetación, aquí temos o xornal escolar anual "A Voz de Frian" no seu nº 28, este ano coa temática "Vivindo san no cole Frian"
Anímate a lelo; está cheo de estupendos artigos!

 
 
 
 

OS NOSOS RECREOS E A FROITA DE MERENDA

Durante a última semana de Maio e a primeira de uño estivemos a degustar unha gran variedade de froitas durante os recreos, dende amorodos, nectarina, pexegos, plátanos, arándanos, sandía, melón...

Amosámosvos unhas cantas fotos deses RICOS momentos.


 


 

 

Powered by Drupal - Design by artinet