Hoxe o alumnado de 5 anos A, coa guía da familia de Nubia, elaboramos uns croissants riquísimos no comedor dos maiores.
Que saborosos estaban !!!
Hoxe o alumnado de 5 anos A, coa guía da familia de Nubia, elaboramos uns croissants riquísimos no comedor dos maiores.
Que saborosos estaban !!!
O 14 de marzo ás 16 horas no noso cole .
Non volo perdades!
Na clase de 4 anos B deron comezo a unha iniciativa chamada " O meu conto favorito". A través dos contos deixamos ver as nosas emocións , as nosas ilusións, as cousas que nos asustan e as que fan estar contentos. Pero sobre aqueles contos que nos deixan pegada, eses contos que marcan a nosa infancia e que están sempre presentes na nosa familia.
Os cativos de 4 anos B ao longo das semanas traeran a aula ese conto favorito que tanto lles gusta. Ademais de traballalo e gozar del na aula con todos os compañeiros, as familias nos visitarán para realizar un contacontos con todos e poderán realizar manualidades ou actividades que teñan que ver con este conto tan importante para eles.
Esta semana comezamos con Diego e a súa mama Pili que nos visitaron. O pasamos realmente xenial e levamos unha tartaruga preciosa de lembranza desta actividade.
Pili, a nai de Diego, visitou de novo cole para realizar con nós un obradoiro de Yoga. A través da relaxación e de posturas de yoga , gozamos dun obradoiro moi saudable e divertido. Gustounos moito e prometemos levalo á práctica.Grazas Pili por pasar este día con nós!!!
Unha experiencia moi divertida que non practicaramos nunca e a través da música relaxante nos fixo pasar unha sesión moi interesante.Practicamos moitas posturas e o fixemos xenial!!!
Neste último mes as mamis de 3 anos quixeron colaborar con nós nuns obradoiros ,onde levamos a cabo tambores africanos e chinos , en relación ao noso proxecto " Xogando polo mundo" integrado no PDI do centro . Unha viaxe polos diferentes continentes e tamén pola súa música.
Grazas as todas as familias por participar e vir a colaborar con nós. Non esquezamos que a presenza das familias e a colaboración no cole é fundamental para os nosos cativos e para o seu desenrolo persoal.
CURSOS ANTERIORES
Título | Data de envio |
---|---|
PLAN DIXITAL | 21/09/2023 - 16:22 |
CURSO 2023/24 | 21/09/2023 - 16:11 |
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA 23/24 | 21/09/2023 - 16:06 |
COMEDOR ESCOLAR 2023/24 | 08/09/2023 - 17:15 |
PREZOS DO COMEDOR ESCOLAR | 08/09/2023 - 17:13 |
INICIO CURSO 2023/24 | 04/09/2023 - 19:58 |
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |