Obradoiros coas familias

TEATRO E TAICHI, UNS OBRADOIROS MOI ESPECIAIS

Esta última semana do mes de abril, contamos tamén con dous obradoiros de familias. Neste caso foron as aula de 5 anos que viñeron a visitarnos.

A clase de 5 anos A, nos deleitou cun obradoiro de Taichi impartido por Rita,a tía de Valeria Fernández. Non só aprendemos a relaxarnos senón que o pasamos en grande cos abanicos e coas posturas mais divertidas e relaxantes.

As familias de 5 anos B, nos trouxeron unha obra de teatro dun conto que nos encanta " A casa da mosca Chosca".Foiron moitas as familias que participaron neste Teatro e todos quedamos encantados.

Grazas as familias por participar nestes obradoiros na escola.

 

OBRADOIRO DE FAMILIAS:MÚSICA EN DIRECTO

Este venres día 20 de abril, tivemos a visita de Álvaro e Cris, os papás de Luna Costas de 3 anos A.Nos deleitaron cun recital no que puidemos gozar de instrumentos como a guitarra, o acordeón, a frauta ou a gaita.

Grazas por vir!!!!

Obradoiro de familias con froitas e unha viaxe especial

A semana do 13 de abril viñeron a visitarnos dúas familias para levar a cabo uns obradoiros moi interesantes.

Fredi e Nati ,papás de Xoel de 3 anos A, nos deleitaron cun obradoiro de froitas con chocolate que nos encantou.

Tamén a mamá de Hugo de 5 anos B visitounos para darnos a coñecer a viaxe tan especial que fan os bebés na barriga da súa  mamá.Unhas diapositivas para coñecer de cerca o proceso e debuxamos na barriga da mama.

Grazas por vir!!!

OBRADOIRO DE PAIS 16/3/18

Antes das vacacións de Semana Santa algunhas familias quixeron vir a visitarnos para levar a cabo uns obradoiros moi especiais cos nosos rapaces.

Rodrigo, papá de Iago de 4 anos A, visitounos para ensinarnos a coñecer un pouco mais de fondo o seu traballo de camareiro. Tal foi a implicación que converteu a clase nun verdadeiro restaurante.Manteis, servilletas,xogos de cubertos... Os nenos escolleron menú e tamén pagaron con billetes e moedas de chocolate.

Tamén nos visitou Lili, mamá de Leo de 3 anos A, pero Lili non viu soa senón que a acompañou Samba un can moi intelixente que traballa facendo terapias para os nenos que mais o necesitan. O peiteamos, dímoslle de comer, o acariciamos... Unha experiencia increible!!!

Noe, mamá de Daniela e Celia,avóa de Lucía de 4 anos A, tamén nos visitaron para elaborar unhas deliciosas brochetas de froitas e ademais levamos a cabo unha manualidae pintando con froitas.

Na clase de 4 anos B, nesta ocasión foi Diana, mamá de Xoel, que aproveitando que a Pascúa está a volta da esquina quixo levar a cabo cos nenos uns coelliños moi orixinales e deliciosos.

Grazas a todas as familias por vir a visitarnos!!!! Ata a próxima!!!

 

UN NOVO OBRADOIRO NOS VOLVEU SORPRENDER

Este venres volvimos a ter a sorte e contar con algunhas familias que viñeron a realiar algúns obradoiros.

Patri , a mamá de Jorge de 3 anos A e Vane, a mamá de Marta de 3 anos B, convertéronse en científicas molonas e nos trouxeron un obradoiro de ciencia e experimentos moi divertidos e variados.

Por outra banda na clase de 4 anos A, foi a quenda de María, mamá de Víctor e Ana, mamá de Joel. Elas levaron a cabo un contacontos do conto " La ovejita que vino a cenar" e encantóunos o seu final inesperado.Despois fixeron unha manualidade relacionada co conto e xogamos o tres en raia. E como despedida nos agasallaron cuns flocos de millo-

Grazas a todas as mamis por vir a traballar con nós!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet