Obradoiros coas familias

UN CONTO CHEO DE MAXIA

Andrea, a mama de Laia , de 3 anos A, visitou o Frian para levar a cabo un contacontos moi especial. "Un libro" de Herve Tullet foi o conto escollido. A maxia foi o ingredente que acompañou o conto e nós quedamos encantados e con ganas de mais. Grazas Andrea por compartir con nós este contacontos.

 

 

 

DECORACIÓN NADAL EN FAMILIA

Como vén sendo habitual, polo fin de semana da Constitución, enviamos ás familias un traballo para axudar a decorar o colexio para o Nadal. O motivo este ano, foi unha galleta de xenxibre en movemento. Non podía ser doutro xeito para atender o proxecto deste curso: Nós somos activos e activas. Súmaste?
 
Como todos os anos a orixinalidade é asombrosa. Dispoñédevos  a desfrutar de moito arte. Se tedes tempo achegádevos a ver polos corredores estas obras de arte.
 
Corredores de Infantil:
 


 Corredores de primaria

 

Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración!

OBRADOIRO DE RECICLAXE

Este martes 12 de xuño, Nuria a nai de Sara de 5 anos B visotou o cole para facer un obradoiro de reciclaxe. Contou ca inestimable axuda de María e Javi que fixeron de axudantes do obradoiro. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do obradoiro. Grazas por vir a traballar con nós!!!

UNHAS PROFESIÓNS MOI DIVERTIDAS

O venres 25 de maio tivemos unha visita moi especial .Os papis de Aldara de 3 anos A , fixéronnos unha visita para explicarnos as súas profesións.

O papi de Aldara traballa en salvamento marítimo.Coñecer a indumentaria, as nocións básicas e ser por un día buzos especializados  foi toda unha aventura.

A nai de Aldara é enfermeira.Unha profesión moi importante e a súa vez por divertida e motivadora.Escoitamos os nosos corazóns a través do estetoscopio e gozamos moito das súas vivencias.

GRAZAS POR VIR!!!

Obradoiro de reanimación

Algunhas mamás das clases de 5 anos B: mamá de Brais Paz, Sabela,Xoel e Adrián , acudiron ao cole para facernos participes dun obradoiro de reanimación cuns enfermos moi especiais. Pasámolo xenial e aprendimos moitas cousas.

Grazas por vir a todas!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet