Obradoiros coas familias

Obradoiro saúde bucodental

Este venres tivemos a visita de Silivia, nai de Iago de 3 anos B. Silvia realizou un obradoiro de saúde bucodental onde os mais pequenos do cole coñeceron a súa dentadura e os hábitos de hixiene para manter unha dentadura limpa e coidada. Os nenos levaron de agasallo un neceser cun reloxo de area, un cepillo e unha pasta de dentes.

En relación a o obradoiro  a través do conto " León ,carmencita e as portas máxicas" traballamos a figura do Ratón Pérez e elaboramos entre todos a nosa porta máxica para levar para casa.

Grazas Silvia por este obradoiro tan educativo e por todo o que aprendimos. Grazas por adicar parte do teu tempo a pasar este día con nós . 

OBRADOIRO DE DISFRACES

Durante as últimas semanas de febreiro comezamos no Frian os obradoiros voluntarios de disfraces para o alumnado de Infantil. Repartíronse tarefas de recorte e costura entre as familias voluntarias. Un grupo de familias que colaboraron directamente na elaboración de disfraces para todo o alumnado de Infantil.

Dende aquí queremos aproveitar para dar as grazas a todas as nais e avoas  que axudaron na elaboración de disfraces de todo infantil. Adicaron moitas horas e exforzo e sen elas non sería posible. Moitísimas grazas a todas .

Resultado de imagen de mascara carnaval gif

 

 

MASAXES RELAXANTES

Pili, nai de Diego de 3 anos, nos visitou para levar a cabo un obradoiro de masaxes. Nun ambiente moi relaxado, coñecimos os diferentes tipos de masaxes así como aparatos para realizalos. Por parellas realizamos masaxes uns aos outros e Pili nos realizou un masaxe facial que nos deixou en calma. 

Unha experiencia moi gratificante e relaxante que sen dúbida non esqueceremos. Gracias Pili por compartir con nós esta experiencia. 

SEMÁFORO INFANTIL

semáforo

Os pais de Thais e a nai de Joel de 5 anos A, ensináronnos un semáforo dos alimentos:

-En verde os que debemos toar todo os días.

-En amarelo os que debemos tomar de vez en cando.

-En vermello os que debemos tomar nalgunha ocasión especial.

Tamén nos falaron de Florence Nightingale, quen descubriu a importancia de lavarse as mans !!!

 

 

 

COAS MANS NA MASA

Este mércores pasado recibimos a visita de Karim, papá de Sami de 3 anos A. Levamos a cabo  un obradoiro de cociña onde realizamos pizzas moi saudables con ingredentes moi naturais: pemento, cebola,queixo, ovos , fariña.... Todos os nenos participaron para amasar e despois degustaron esta pizza ten deliciosa. 

Grazas Karim e a súa familia por facernos partícipes da súa vocación. Esperamos veros noutra ocasión!!!

Imagen relacionada

Powered by Drupal - Design by artinet