Visitas de escritores/as

ILUSTRANDO SOÑOS

Este pasado venres 7 de xuño, levouse a cabo a actividade titulada

"ILUSTRANDO SOÑOS: ENCONTRO DE ILUSTRADORES"

Os contos forman parte importante das nosas vidas dende ben pequenos e as ilustracións e as imaxes son sen dúbida unha parte fundamental sobre todo na etapa infantil. Por iso realizamos este encontro, para facer fincapé no importante papel do ilustrador. Con este motivo nos visitaron cinco ilustradores moi importantes :

Bea Fraga, Victor Rivas, Federico Fernández, Óscar Villán e Pablo Rosendo.

Ao longo de todo o mes, o alumnado levou a cabo diferentes actividades sobre a biografía e bibliografía dos ilustradores asignados. Traballos que fixeron con moito esforzo e ilusión.

                            

Levouse a cabo un acto con todos os ilustradores. O alumnado de 3ºB fixo unha presentación sobre Pablo Rosendo que compartiron con todos. Tamén realizouse unha ronda de preguntas feitas polos alumnos sobre o traballo de ilustrador.

                        

Despois do acto, todo o alumnado puido gozar coa realización de diferentes obradoiros levados a cabo polos ilustradores. Aquí vos deixamos un vídeo con todas as actividades.

GRAZAS A TODOS POR COMPARTIR O VOSO TRABALLO CONNOSCO!!!

           

ANA ALONSO NO FRIAN PARA 3º E 4º

Hoxe visitounos Ana Alonso , a escritora dos libros " A casita de Verdurita" e " La cueva del  corazón". Explicounos como escribe e de onde veñen as súas ideas  para escribir os libros.

Aconsellounos ler moito e como temos que ler : conectando a lectura coa nosa imaxinación . 

Firmounos os nosos libros ! Grazas por esta charla tan interesante e os teus consellos!!!

Animación á lectura con Ledicia Costas

ANIMACIÓN Á LECTURA EN 5º

 

 O martes 30 de abril Ledicia Costas visitou ao alumnado de 5º para falar sobre o  seu libro “As peripecias de Extravaganzza Pérez”. O club das escritoras e o Club dos debuxantes encargámonos da ambientación da aula cos traballos que diseñamos para esta cita tan importante. Foi un pracer estar con Ledicia compartindo as aventuras de Extravaganzza.

                                   

                      Grazas Ledicia e ata a próxima lectura!

 

"Apestoso tío Muffin"

O pasado mes de abril recibimos a visita de Pedro Mañas, escritor de "Apestoso tío Muffin". Pasamos un rato estupendo. Contounos como desde cativo empezou a contar historias, ata converterse nun contista. Animounos a escribir, porque todos levamos un escritor dentro. Esperamos volver a coincidir contigo.

Moitas grazas por animarnos a escribir e contar historias.

 

Avións de papel, animación á lectura

O venres 15 de febreiro tivemos a visita de Xavier Estévez autor de "Avións de Papel". Pasamos un rato moi interesente e agradable. Xavier conseguiu arrincarnos moitos sorrisos contádonos diferentes anécdotas da súa vida, tanto privada como relacionada coa súa faceta de escritor. 

O libro gustounos moito, descubrimos unha morea de murais que hai en Vigo que descoñeciamos. Tampocou sabiamos que os pintaran artistas moi importantes e coñecidos mundialmente, todo un descubremento. Ensinounos algún mural que máis cunha pintura parecen fotografías.

Aproveitamos para facer paiporeflexia e facer voar avións de papel, "Que ben o pasamos e como voaban!".

Tamén realizamos un traballo manual, un corazón que defiañaba avións de papel, así quedou:

Estamos esperando a segunda parte de "Avións de papel".

 

Moitas grazas por contarnos cousas tan interesantes e cercanas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet