Horto escolar

Plantando no noso bancal, 1º A e B , 2019

Xa chegou a hora de plantar cousas na nosa horta. A terra está traballada e lista así que o día 14 de febreiro, o alumnado de 1º A e B, plantamos no noso bancal leitugas e cebolas. Agora so temos que coidalo e regalo de vez en cando. Foi un día de inverno con moi boa temperatura e disfrutamos do momento. So queda esperar.

 

6º planta patacas temperás

O alumnado de 6º, finalizando o primeiro trimestre, nun momento que parou a choiva, conseguimos plantar as patacas. Puxemos uns tutores para que a nosa plantación quedase o maios posible. debemos esperar a ver se a nosa plantación sae para adiante. En breves contarémosvos como vai todo.

Degustación de marmelada de tomate do noso horto

       Durante o verán as familias coidaron do horto e fixeron a colleita dos produtos que plantamos no curso pasado. A mamá de Mateo de 4ºA foi unha das colaboradoras. Dos tomates recollidos elaborou  marmelada  e tamén recolectou as súas sementes. No cole decidimos facer unha degustación para que todos e todas puideramos probar a elaboración.

      As comisións saudables de alumnos e alumnas prepararon as bandexas coa marmelada. Montaron un stand de degustación na entrada do cole. E na saída ao recreo ofreceron as tostiñas de marmelada a todos e todas que querían probar.

       En cuestións de minutos xa estaban as bandexas baleiras porque a marmelada estaba moi boa. Moitos querían repetir. Moi rica e saudable!!

 

            

 

Grazas familias por colaborar no horto e grazas mamá de Mateo por elaborar a marmelada!

Plantando fabas

Os pequechos de 3 anos A e 3 anos B visitan a súa parcela no Horto escolar para traballar a terra e plantar sementes.Nesta ocasión tocaron fabas, mentres esperamos a que as nosas cenorias estén listas para transplantar. Unha primeira toma de contacto sementando e regando. Unha experencia moi gratificante.

  Resultado de imagen de dibujo niño en el huerto

O noso horto

COMEZA ECOFRIAN

Este ano imos continuar co magnífico traballo feito o ano pasado no horto. Iniciamos a nosa andaina coa axuda das familias para planificar e preparar a terra dos bancais.

 

O horto visto polos alumnos e alumnas de sexto:

 

Sementamos acelgas en 5º

Powered by Drupal - Design by artinet