Horto escolar

Plantando fabas

Os pequechos de 3 anos A e 3 anos B visitan a súa parcela no Horto escolar para traballar a terra e plantar sementes.Nesta ocasión tocaron fabas, mentres esperamos a que as nosas cenorias estén listas para transplantar. Unha primeira toma de contacto sementando e regando. Unha experencia moi gratificante.

  Resultado de imagen de dibujo niño en el huerto

O noso horto

COMEZA ECOFRIAN

Este ano imos continuar co magnífico traballo feito o ano pasado no horto. Iniciamos a nosa andaina coa axuda das familias para planificar e preparar a terra dos bancais.

 

O horto visto polos alumnos e alumnas de sexto:

 

Sementamos acelgas en 5º

Traballando a terra

Os alumnos de Educación Infantil dende os máis cativos ata os de 5 anos, plantamos sementes de verduras e hortalizas, traballando a terra e ilusionados por ver o que acontecerá. Cando se den os primeiros brotes os transplantaremos ao noso horto escolar.

 

 

  1.              Resultado de imagen de niño plantando            

       

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

CHEGA O FROITO.

Que ben traballaron os nenos e nenas do cole na horta!  Que ben a coidaron!  Plantando e regando,  empregando produtos naturais para preservar a saúde e  o entorno, colaborando e axudando todos/as... E, como non podía ser doutra maneira, chegaron os resultados. Aí temos  estas magníficas leitugas  que  permitirán disfrutar dunha deliciosa comida e, asemade, seguir os hábitos de alimentación saudable polos que tanto se traballa na escola a través do programa Aliménta-T ben, impulsado pola profe Montse.

MOITO COIDADO ...

 Esta horta non da tregua... Aí seguimos traballando acotío. Mentres a caloriña siga acompañando, manteremos os invernadoiros abertos, pois as plantas non necesitan o teito protecto. Tamén toca recoller a pel das froitas degustadas na "Semana da Froita". Non hai mellor abono que estes produtos naturais que, despois de pasar pola composteria, converteranse nun fertilizante para a terra. Coma sempre, seguiremos coidando as plantas para que medren sas e fortes ... ata a colleita. Preme na foto para ver máis imaxes.

Powered by Drupal - Design by artinet