3 anos 17/18

QUE RICO E SAUDABLE LEITE !!!

Os rapaces e rapazas de Intantil de 3 anos tomamos  o leite no momento do recreo, ademáos de estar moi rico, xa sabemos que nos aporta unha ches de beneficios.



 

 

Aniversarios 3º trimestre

Xa esta a piques de rematar o curso así que toca festexar os aniversarios deste trimestre. Aquí vai unha pequena mostra dalgunhas fotos da celebración. Grazas as familias pola colaboración e as tartas tan ricas coas que puidemos disfrutar.

 

 

AGASALLO SUPERSAUDABLE 3 ANOS: PROCURA DO TESOURO

Como agasallo para os supersaudables do mes de marzo e con un pouco de atraso polas inclemencias do tempo, o alumnado de 3 anos levou a cabo unha procura do tesouro. Pasámolo xenial argallando o escondite das pistas e investigando polo cole.Neste video podedes ver todo o percorrido.

RECEITA CHEFS SAUDABLES 3 ANOS

A Consellería de Sanidade ven de poñer en marcha o concurso " Chefs Saudables",que consiste na elaboración dun video no que os escolares prepararán unha receita saudable dun prato principal que cando menos conteña legumes, peixes e/ou verduras e hortalizas.

Aquí van as receitas do alumnado de 3 anos.Se queredes ver o resto de videos, podedes entrar no apartado de proxectos de Educación Infantil.

 

 

 

 

MESTURA DE CORES

A través de colorante e auga os nenos aprenderon as cores primarias e que a través delas e mesturando conseguimos gran variedade de cores. Utilizamos pipetas para facer as mesturas e fixemos maxia coas cores.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet