Novidades

Finalistas da VII Edición de Relato Curto

Dúas alumnas de 6º son finalistas do VII certame de Relato Curto, organizado pola

FANPA, de entre os 1.296 relatos presentados nesta edición. Noa López Fermoso e Andrea

Núñez Borregeiros conseguiron cos seus relatos meterse na gran final.

 

Por seres finalista recibirán no acto de entrega de premios un exemplar do libro co seu relato

e un diploma.

Enhoraboa a todos e todas as participantes porque fixéchedes relatos estupendos.

 

Relato curto de Andrea :

 

Relato curto de Noa:

Consulta no seguinte enlace ós/ás finalistas:

 http://blogs.nontedurmas.org/certame/2019/05/06/finalistas-da-vii-edicion-do-certame-de-relato-curto/

"Cíes, o noso Patrimonio" acadou un premio

Rematamos o ano 2018, moi contentos por recibir un novo premio.

Recentemente fíxose pública a resolución do V Concurso de Traballos por Proxectos, e estamos de noraboa porque un proxecto realizado en 5º e 6º de primaria, o pasado curso, resultou premiado, o título do mesmo é: "Cíes, o noso Patrimonio".

Queremos facer chegar a nosa felicitación o grupo de 6º do curso pasado que xa se atopan no IES xa que forman parte do mesmo.

Ligazón á resolución da convocatoria:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_concurso_ttp_2018_19.pdf

A ruta proposta para afondar no tema foi a seguinte:

Ruta de traballo 5º

 https://view.genial.ly/5aca46982fc1330d9b654702/islas-cies

Ruta de traballo 6º

https://view.genial.ly/5abe524cf3a2973e058f0554/illas-cies-o-noso-patrimonio

 

O produtos máis salientables podémolo ver na crónica da visita Ás Cíes:

 

O alumnado de 5º e 6º, acompañado do seu profesorado e de Gerardo, foi a visitar as Illas Cíes.

Se premes na foto, podes desfrutar de moitas máis

 

O obxectivo da visita foi comprobar, in situ, o que aprendemos dentro do proxecto "Cíes, o noso Patrimonio". Unha vez máis a realidade superou todo o que aprenderamos nas aulas. Acompañados por un guía de excepción, Gerardo Fernández Carrera, puidemos desfrutar da súa flora e fauna dun xeito moi ameno. No seguinte enlace podedes lembrar a charla que Gerardo veunos dar ao colexio https://youtu.be/VdDEFlzx0gg

Camiñamos moito, 15 km, pero valeu a pena. O noso ascenso ó "Faro da Porta" quedou recompensando pola presenza de niños de gaivota patiamarela. Estes niños, nalgúns casos, xa estaban habitados por crías e outros por ovos.

Tamén nos achegamos ó "Alto da Campá", que extraordinarias vistas e que formaciones rochosas tan curiosas!

Pola tardiña, despois de repoñer forzas, na illa de Monteagudo, visitamos unha "duna fósil" e "un concheiro", que curiosidades agochan estas illas.

Tivemos tempo para repoñer forzas, degustar un xeado, darnos un baño e xogar.

E como todo acaba, collemos o barco de regreso, non sen antes gritar:

Cies, Patrimonio da Humanidade, xa!

No seguinte vídeo podes ver como reclamamos ese título para as Illas Cíes, que tan merecido ten; uníndonos así á campaña para lograr esta nominación.

 

Durante o percorrido polas illas tamén recollemos datos sobre as concicións meteorolóxicas ao longo do día. Con todos eses datos realizamos unha edición especial do noso programa informativo do tempo "Orballando Novas". Prestade moita atención:

 

Moita grazas, Gerardo, por contarnos tantas cousas interesantes, e pola túa paciencia; de seguro nunca esqueceremos esta viaxe.

Máis de un e unha xa está pensando en volver!

 

 

Ligazón ao proxecto completo:

https://docs.google.com/document/d/1SQkIheAaG-CJydl6mojDKa0X4Z9Js0Un51CtmbFKCHI/edit?usp=sharing

Noraboa a toda a Comunidade Educativa!

 

CAMBIANDO A NOSA BIBLIOTECA

Durante este primeiro trimestre , o lar de Frianciño tivo algunhas modificaciósn e melloras nas súas instalacións. Aínda queda moito traballo por facer, pero xa podemos gozar dunha biblioteca colorida, con espazos ben diferenciados e motivadora para todo o noso alumnado. Seguiremos traballando para que o lar de Frianciño sexa un fogar para a lectura de todos.

VISITA Á BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL

O alumnado de Educación Infantil visitou esta seman a Biblioteca pública de Vigo Juan Compañel. Alí nos esperou César o encargado da Zona infantil. Coñecemos a organización da biblioteca e todo o que alí podemos atopar. Gozamos de diferentes contacontos e sobre todo nos divertimos moitísimo . As nosas caras de ledicia neste video o reflicten.Non volo perdades!!Os invitamos a todas as familias a visitar a biblioteca.

 

Powered by Drupal - Design by artinet