Novas

Aviso familias!

 

NOTA INFORMATIVA

 

Todas as solicitudes de admisión

contan con praza para o curso escolar 2020/2021

 

Benvidas faamilias á nosa Comunidade Educativa!

Admisión alumnado 2021/2022

Prezadas familias:

Presentamos o calendario de admisión para o vindeiro curso 21/22

*LISTAXE DE VACANTES 21/22

 * *Anexo II ED550B

 

 

 

Con data, luns 11 de xaneiro, iníciase o proceso de admisión de alumnado  en centros educativos para o vindeiro curso 2021-2022. .

Esta primeira fase  afecta ao alumnado que cursa 6º de Educación Primaria co obxecto de reservar praza educativa no noso instituto adscrito (IES República Oriental do Uruaguai) e ó alumnado que remata Educación Infantil e que no seu centro non teñan Educación Primaria.

Pregamos leades a información que ten publicada a Consellería de Educación no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/portal/node/32849

Anexo I

Anexo I bis

 

Os trámites pódense facer telemáticamente a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Coma sempre, se tedes dúbidas, contactade connosco no 886 120161.

 

Moita  saúde

Achegándonos ó Nadal, traballo en familia

 

 

 

Prezadas familias:

Como todos os anos pedimos a vosa colaboración para achegar o Nadal ó colexio e que realicedes un adorno navideño en familia.

Atendendo o protocolo deste curso, por mor da pandemia, pedímosvos este ano adornos feitos con material de reciclaxe que se poidan colgar no exterior.  Teñen que aguantar a chuvia. Sería perfecto que xa viñeron con corda ou similar para ser colgados no patio de entrada.

A continuación presentámosvos algunha ideas:

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

 

 

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedementode distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentespúblicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados nocurso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do13.11.2020.

 

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado benefIciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

 

b) Ten que presentar solicitude:

 

O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 .

Alumnado matriculado en educación especial.

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Máis información

https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=3&uid=48808&mailbox=SU5CT1g&uniq=1605532409817

Powered by Drupal - Design by artinet